miniatura|Un bandoneonista riopratense de tango tocando un bandoneón. miniatura|Son do bandoneón. O bandoneón é un instrumento musical de vento, libre (ou de palletas libres) a fol, parente da concertina e o acordeón, de forma rectangular, sección cadrada e timbre particular. O seu nome provén orixinalmente do alemán, bandonion, pero a súa castelanización no Río da Prata estableceu a palabra "bandoneón" para denominar o instrumento en español.
Naceu en Alemaña como evolución de instrumentos de palletas soltas anteriores como a concertina entre outros. Dise que o seu uso foi inicialmente como órgano portátil para executar música relixiosa; de aí o seu son sacro e melancólico único. Ao chegar ao Río da Prata da man de mariñeiros e inmigrantes, foi adoptado por músicos da época e foi así que colaborou na formación do son particular do tango riopratense, converténdose nun verdadeiro símbolo deste.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Juan Pablo Fredes - Un hombre y un bandoneón Artigo consultado o 30 de xuño de 2015. Páxina sobre o bandoneón Bandomecum - Portal dedicado ao bandoneón, bandoneonistas e a súa música
Categoría:Instrumentos de teclado Categoría:Instrumentos de vento