Ali Ahmad Said Esber (transliteración do seu nome árabe علي أحمد سعيد إسبر), nado en Al-Qassabin (Latakia, Siria) o 1 de xaneiro de 1930, coñecido polo pseudónimo Adonis o Adunis, é un poeta, político e profesor francés de orixe siria. Desenvolveu un amplo labor poético ó longo da súa traxectorio, tendo publicados máis de vinte poemarios en lingua árabe. Viviu en Siria, o Líbano e Francia segundo as circunstancias forzábano a fuxir. A día de hoxe é considerado o poeta máis importante en lingua árabe vivo, amais de ser un dos poucos expoñentes do modernismo árabe inda vivo. Malia ser recoñecido mundialmente e un dos máis repetidos candidatos ó premio Nobel de Literatura, os seus ideais ateos e mais comunistas provocaron un forte rexeitamento cara á súa persoa en moitos círculos, especialmente entre os gobernos árabes máis integristas (quen prohibiron a súa obra, coma en Irán ou Marrocos).
Traxectoria O seu pai era un labrego dunha comunidade alauita xiíta que lle aprendeu poemas clásicos en árabe e o Corán enteiro. Ao cumprir dezasete anos, tivo a oportunidade de recitar un poema da súa produción fronte ao daquela presidente de Siria, de xira pola rexión. Fondamente impactado, o presidente ofertoulle o premio que el quixese, ao que o mozo respondeu que quería ir á escola.
Tralos seus exitosos estudos ingresa na Universidade de Damasco, onde se licenza en Filosofía no 1954. Nesta época comeza a empregar o seu pseudónimo de Adonis (segundo el conta por mor de que as revistas non lle aceptaban os seus poemas baixo o seu nome real, daquela o agochou xusto despois de ler o famoso mito grego) e a achegarse ó ateísmo e ó comunismo.
Exilio Ao ano seguinte pasou seis meses en prisión por ser parte do Partido Socialista Nacionalista Sirio. Trala súa ceiba, marchou ao Líbano, onde fundou xunto con outros poetas a revista de poesía Shi'r. Recibiu unha bolsa de estudo entre 1960-61 en París, o que lle permitiu falar un francés fluído. Comezou a impartir clases na Universidade de Beirut, da que foi catedrático de Literatura Árabe de 1970 a 1985, se ben polo 1980 xa emigrara a París para fuxir da Guerra civil libanesa. Á súa chegada a Francia xa acadara fama abonda, polo que impartiu clases na Sorbona de Literatura Árabe ata se retirar para se adicar en exclusividade a compór poemas, ensaios e traducir.
Na actualidade vive no barrio da Defensa, o distrito financeiro parisiense, sendo un persoeiro fortemente activo na vida cultural da cidade e da clase intelectual mundial. Fixo declaracións en contra da Revolución Árabe por considerala reaccionaria baixo o seu falso discurso democrático e realiza conferencias e viaxes polo mundo. É considerado un dos grandes poetas árabes. especialmnete, dende a morte do palestino Mahmud Darwich.
O 11 de xuño do 2014 recitou na Cidade da Cultura de Galicia canda a Yolanda Castaño.
Recoñecementos
1961, Premio da revista Shi'r 1968, Premio dos Amigos do Libro (Beirut) 1971, Syria-Lebanon Award of the International Poetry Forum (Pittsburgh) 1974, Premio Nacional de Poesía (Beirut) 1983, Membro da Academia Mallarmé 1983, Officier des Arts et des Lettres (Francia) 1984, Medalla Picasso (Unesco) 1986, Gran Premio das Bienais Internacionais da Poesía de Liexa 1990, Membro da Academia Universal de Culturas (París) 1991, Premio Jean Marlieu Etranger (Marsella) 1994, Premio Nâzım Hikmet (Istanbul) 1995, Premio Méditerranée-Etranger (París) 1995, Premio do Foro Cultural Libanés en Francia 1997, Premio de Poesía de Struga 1999, Premio de Poesía Nonino (Italia) 2000, Premio Alain Bosquet (París) 2004, Doutor honoris causa pola Universidade de Xenebra 2006, Medalla de Ouro do Goberno de Italia (Comité Científico do Centro Internacional de Investigacións Pio Manzú) 2007, Doutor honoris causa pola Universidade Americana de Beirut 2007, Premio Bjornson (Noruega) 2008, Premio Grinzane Cavour per la Lettura (Italia) 2008, Premio Max Jacob 2008 (Francia) 2008, Premio Giovanni Pascoli 2008 (San Mauro di Romagna, Italia) 2011, Premio Goethe (Frankfurt) 2016, Premio literario Prince-Pierre-de-Monaco
Notas
Véxase tamén
Categoría:Poetas de Siria Categoría:Nados na gobernación de Latakia Categoría:Nados en 1930 Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Xenebra Categoría:Profesores da Universidade de Damasco Categoría:Profesores da Universidade de París Categoría:Profesores da Universidade San Xosé de Beirut Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Americana de Beirut