EgyptAir (árabe: مصر للطيران, Miṣr liṭ-Ṭayarān) é a aeroliña nacional de Exipto. Está baseada no Aeroporto Internacional do Cairo, o seu principl centro de conexións, operando voos regulares de pasaxeiros e carga a máis de 75 destinos de Oriente Medio, Europa, Asia, África e América. Ademais a compañía centra no Cairo unha extensa rede de servizos domésticos. A aeroliña é membro da Star Alliance, á que se uniu o 11 de xullo de 2008.
A compañía ten a súa sede no Complexo Administrativo de EgyptAir situado nos sotos do aeroporto do Cairo. O logo da aeroliña é Horus, a deidade celeste na mitoloxía exipcia, que adoita a representarse como un falcón ou un home coa cabeza de falcón. A aeroliña tomou Horus como logo debido ao seu antigo simbolismo como un "deus alado do sol".
Frota Cara xuño de 2015, a frota de EgyptAir está formada polos seguintes avións:
+ Frota de EgyptAir Frota de pasaxeiros <span style="color:white;">Avión <span style="color:white;">En servizo <span style="color:white;">Pedidos <span style="color:white;">Pasaxeiros <span style="color:white;">Notas <span style="color:white;">F <span style="color:white;">C <span style="color:white;">Y <span style="color:white;">TotalAirbus A320-20011——16129145Airbus A321-2004——22139161Airbus A330-2007——24244268Airbus A330-3004——36265301Airbus A340-2001—1224224260Boeing 737-5005——896104Boeing 737-80020——24120144Boeing 777-200ER4—1221286319Dous alugados a Biman Bangladesh AirlinesBoeing 777-300ER6——49297346
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da aeroliña
Categoría:Aeroliñas de Exipto Categoría:Aeroliñas nacionais Categoría:Star Alliance