A Agrupación Progresista de Abegondo (APdeA) é un partido político de ámbito municipal de Abegondo rexistrado o 7 de marzo de 2007, creado polo entón alcalde Juan José Rocha Carro e outros concelleiros do PP en Abegondo.

Orixe

A orixe do partido está na disputa entre Rocha e José Antonio Santiso Miramontes para encabezar a lista do PP á alcaldía de Abegondo nas eleccións municipais de 2007. José Antonio Santiso fora reelixido alcalde de Abegondo tras gañar as eleccións anteriores. Juan José Rocha sucedeuno no 2004 á fronte da alcaldía ao ser Santiso nomeado Conselleiro de Agricultura na Xunta.

No 2007, ao ser Santiso designado cabeza de lista do PP á alcaldía de AbegondoEl alcalde de Abegondo deja el PP al ser impuesto Santiso como candidato . www.lavozdegalicia.es, 05/03/2007 ., Rocha e outros concelleiros do PP deciden presentarse ás eleccións creando unha candidatura independente, a da APdeAA Agrupación Progresista de Abegondo oficializou a súa candidatura ás eleccións de maio. http://apdabegondo.blogspot.com.es, 19/04/2007..

Resultados electorais

Nas eleccións municipais de 2007, APdeA foi tras o PP a segunda forza máis votada en Abegondo, con 1005 votos (o 29,78%), e catro concelleiros, o que lle permitiu a Juan José Rocha continuar como alcalde mediante un pactoAPdeA, BNG y PSOE firman un pacto para gobernar en Abegondo . www.lavozdegalicia.es, 15/06/2007 . entre APdeA, BNG e PSdeG-PSOE. En 2009, Rocha perde a alcaldía, e a APdeA pasa á oposición, tras non superar unha moción de censura do PPSantiso Miramontes, nuevo alcalde de Abegondo al prosperar la moción de censura . www.elcorreogallego.es, 20/04/2009 . apoiada polo edil do PSdeG-PSOEAPdA sospecha que Santiso tiene un pacto encubierto con el PSOE. www.elidealgallego.com, 19/12/2011 ..

Nas eleccións municipais de 2011 vólvese a presentar Rocha como cabeza de lista da APdeA, sendo neste caso a cuarta forza máis votada, con 316 votos (o 8,60%), e un concelleiro.

Nas eleccións municipais do ano 2015 APdeA non presentou candidatura.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Abegondo

Categoría:Partidos políticos de Galicia Categoría:Abegondo