Anselmo Cordeiro da Mata, nado en Luanda o 12 de marzo de 1981, é un cantor e compositor angolano, máis coñecido polo nome artístico de Anselmo Ralph.

Traxectoria Fixo o ensino e básico na súa cidade natal, e despois estudou Contabilidade en Nova York, no Borough of Manhattan Community College.

Na década de 1990, estableceuse en Madrid. Nesta etapa converteuse nun grande admirador do cantor dominicano Juan Luis Guerra, o que tivo unha grande influencia na súa carreira como músico. En 1995, formou parte do grupo NGB (New Generation Band) co que gravou o seu primeiro álbum.

En xaneiro de 2006 lanzou o seu primeiro álbum en solitario, Histórias de Amor, disco de rythm and blues producido por Produtora Bom Som, propiedade do propio artista e do seu axente Camilo Travassos. Deu o primeiro concerto de presentación do disco na discoteca Miami Beach de Luanda.

Vida persoal En 2008 casou con Madlice Castro, con que ten dous fillos, Alicia e Jason.

Discografía Anselmo (demo; 2004) Histórias de Amor (2006) As Últimas Histórias de Amor (2007) O Cupido (2009) A Dor do Cupido (sinxelo; 2011) Não Me Toca (sinxelo; 2012) Best of Anselmo Ralph – Live (2012) A Dor do Cupido (2013)

Notas

Categoría:Cantantes de Angola Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Luanda