A proteína asociada a CD2 (CD2AP) é unha proteína que nos humanos está codificada polo xene CD2AP situado no cromosoma 6, que intervén no funcionamento do citoesqueleto.
Función
Este xene codifica unha molécula de armazón que regula o citoesqueleto de actina. A proteína interacciona directamente coa actina filamentosa e unha variedade de proteínas da membrana celular por medio de múltiples sitios de unión á actina, dominios SH3, e unha rexión rica en prolina que contén sitios de unión para os dominios SH3. A proteína citoplásmica localízase en pregamentos da membrana, balsas lipídicas, e os bordos anteriores das células en avance. Está implicada na remodelación da actina dinámica e no tráfico de membrana que ocorre durante a endocitose mediada por receptor e a citocinese. A haploinsuficiencia deste xene está implicada na susceptibilidade a enfermidades glomerulares.
Interaccións
A proteína CD2AP presenta interaccións con: Cbl, NPHS2, Nefrina, e RAB4A.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Glomeruloesclerose segmentaria focal
Bibliografía
Categoría:Proteínas