José Ignacio Gómez Pérez, nado en Ribadavia o 2 de marzo de 1972, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Vinculado ao PSdeG-PSOE dende os 16 anos, foi Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia en Ribadavia. Nas eleccións municipais de 1999 concorreu como número 5 da candidatura do PSdeG en Ribadavia, se ben non resultou elixido. En novembro de 2000 foi elixido Secretario Xeral da Agrupación Socialista de RibadaviaEl PSOE de Ribadavia nombra a José Ignacio Gómez secretario general local. Nas eleccións municipais de 2003 resultou elixido concelleiro e tenente de alcalde de Ribadavia. Tralas municipais de 2007 e 2011 volveu ser elixido concelleiro e tenente de alcalde, tras revalida-lo PSdeG o goberno da vila. En 2007 e 2011 foi designado deputado provincial, sendo ademais portavoz do grupo socialista na Deputación dende 2011.

Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOEEl PSOE elige a Ignacio Gómez como candidato a la Alcaldía de Ribadavia e foi elixido alcalde de Ribadavia como cabeza da lista máis votadaEl nuevo alcalde de Ribadavia llama al diálogo a la oposición. Volveu ser designado deputado provincial, continuando como portavoz do grupo socialista. Porén, en novembro de 2016 foi destituído como portavoz pola executiva provincial do partido, tras diversas discrepancias con estaLa cúpula provincial del PSOE releva a su portavoz en la Diputación. Nas municipais de 2019 pasou a se-la segunda forza política tralo PPdeG, se ben tiña opción de mante-la alcaldía co apoio da marea Ribeiro en Común. Porén, esta formación vetou a súa continuidade como alcalde para apoiar os socialistas, polo que o PPdeG logrou a alcaldía ó se-la forza máis votadaLa discordia entre PSOE y Ribeiro en Común permite al PP gobernar Ribadavia. Nese mandato volveu ser designado deputado provincial, sendo ademais o viceportavoz do grupo socialista. En febreiro de 2021 o PSdeG e Ribeiro en Común presentaron unha moción de censura que fixo alcaldesa á socialista Noelia Rodríguez, pasando a formar parte da Xunta de Goberno Local pero sen asumir competencias concretasUna moción de censura de PSOE y RenC en Ribadavia desaloja al PP del gobierno. Nas municipais de 2023 concorreu como número 4 da candidatura do PSdeG, a cal perdeu o goberno tras logra-lo PPdeG a maioría absoluta. Se ben inicialmente non resultou elixido concelleiro, a renuncia inducida dunha compañeira fixoo acceder de novo á corporación. Volveu ser designado deputado provincial.

Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 concorreu como número 2 da candidatura do PSdeG-PSOE por Ourense, se ben non resultou elixido. Porén, foi recolocado como asesor na Subdelegación do Goberno de Ourense.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ribadavia Ligazóns externas «Non denunciamos antes porque non tiñamos datos suficientes»

Categoría:Alcaldes de Ribadavia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Nados en 1972

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes