350px|thumb|right|Vitoria do Team Katusha no prólogo do Tour de Austria 2015. O Team Katusha (en ruso: Катюша, código UCI: KAT) é un equipo ciclista ruso que compite na categoría UCI WorldTour, fundado no ano 2009. O equipo emprega bicicletas da marca xermana Canyon.

Historia O equipo presentouse oficialmente o 24 de decembro de 2008 en Moscova. O equipo foi creado na base da do equipo Tinkoff Credit Systems, organizado pola fundación Proxecto de Ciclismo Global Ruso e finaciado por empresas rusas como Gazprom, Itera ou Rostechnologii.

O equipo comezou a funcionar cun grande orzamento de 15 millóns de euros. Na primeira tempada, o equipo fichou a ciclistas como Robbie McEwen, Vladimir Karpets, Filippo Pozzato ou Gert Steegmans. A primeira competición que disputou o Team Katusha foi o Tour Down Under do 2009.

Na tempada 2009, o equipo conseguiu un total de 23 vitorias. Algunhas das vitorias máis importantes foron o primeiro posto de Sergei Ivanov na Amstel Gold Race ou os triunfos de Filippo Pozzato no Campionato Italiano de Ciclismo en Ruta e no Giro do Veneto.

thumb|right|150px|Joaquim Rodríguez, no Critérium du Dauphiné 2011. Despois da tempada 2012, o Team Katusha perdeu a licenza UCI WorldTour a pesar de que o equipo quedou de segundo na clasificación por equipos da UCI WorldTour 2012 e de que o campión da clasificación individual (Joaquim Rodríguez) estaba no conxunto. Por estas razóns, o Katusha apelou a decisión da UCI ao Tribunal de Arbitraxe para o Deporte. Este último anunciou o 15 de febreiro de 2013 que a decisión da UCI foi anulada e que o Team Katusha participaría no UCI WorldTour 2013.

Vitorias notables Dende a creación no ano 2009, os ciclistas do equipo conseguiron bastantes vitorias. Algunhas das máis importantes son: 19 etapas nas Grandes Voltas, 2 monumentos ciclistas, a Milán-Sanremo 2014 ou o Tour de Flandres 2015.

Campionatos nacionais

Equipo No 1 de xaneiro de 2015 Ciclista Nacemento Maxim Belkov 9 de xaneiro de 1985 Sven Erik Bystrøm 21 de xaneiro de 1992 Giampaolo Caruso 15 de agosto de 1980 Sergey Chernetskiy 9 de decembro de 1990 Jacopo Guarnieri 14 de agosto de 1987 Marco Haller 1 de abril de 1991 Vladimir Isaichev 26 de abril de 1986 Pavel Kochetkov 7 de marzo de 1986 Alexandr Kolobnev 4 de maio de 1981 Dmitry Kozonchuk 5 de abril de 1984 Alexander Kristoff 5 de xullo de 1987 Vyacheslav Kuznetsov 24 de xuño de 1989 Sergey Lagutin 14 de xaneiro de 1981 Alberto Losada 28 de febreiro de 1982 Tiago Machado 18 de outubro de 1985 Daniel Moreno 5 de setembro de 1981 Luca Paolini 17 de xaneiro de 1977 Alexander Porsev 21 de febreiro de 1986 Joaquim Rodríguez 12 de maio de 1979 Rüdiger Selig 19 de febreiro de 1989 Egor Silin 25 de xuño de 1988 Gatis Smukulis 15 de abril de 1987 Simon Špilak 23 de xuño de 1986 Yuri Trofimov 26 de xaneiro de 1984 Alexei Tsatevich 5 de xullo de 1989 Ángel Vicioso 13 de abril de 1977 Eduard Vorganov 1 de decembro de 1982 Anton Vorobyev 12 de outubro de 1990 Ilnur Zakarin 15 de setembro de 1989

Véxase tamén Outros artigos UCI World Tour

Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Equipos ciclistas