Rafael Carlos Sisto Edreira, nado en Luou (Teo) o 30 de xaneiro de 1963, é un político galego.
Traxectoria Licenciado en Ciencias Químicas e doutorado en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesor de Ensinanza Secundaria. Concelleiro en Teo dende as eleccións municipais de 2003, nas cales foi elixido como número 2 do BNG, situándose na oposición. Trala vitoria do BNG nas municipais de 2007 pasou a ser tenente de alcalde e ocupar diversas responsabilidades de goberno, baixo o mandato de Martiño Noriega. Continuou tras revalidar o BNG o goberno con maioría absoluta nas municipais de 2011. En marzo de 2012, xunto con Noriega e outros 5 concelleiros, abandonou o BNG trala marcha do Encontro Irmandiño da formación, pasando a constituír posteriormente Anova-Irmandade Nacionalista. No 2013 foi elixido membro da Coordinadora Nacional do novo partidoCoordinadora Nacional . anova.gal 28/02/2013..
Nas eleccións municipais de 2015, trala marcha de Martiño Noriega a Santiago de Compostela, encabezou a candidatura de Son de Teo-ANOVA e logrou a alcaldía, tras sela forza máis votada, e estableceu un pacto de goberno co PSdeG liderado por Uxía Lemus. Ademais da alcaldía tamén asumiu as áreas de Persoal, Economía e Facenda, Saneamento e Abastecemento, Medio Natural e Lingua do Concello. No tramo final do mandato sumouse á proposta do seu antecesor Martiño Noriega, entón alcalde compostelán, de fusiona-lo concello da capital cos municipios de Teo, Ames ou Val do DubraCompostela Aberta y Son de Teo quieren fusionar los dos concellos. Nas eleccións municipais de 2019 sufriu unha considerable desfeita ó pasar de 7 a 4 concelleiros, converténdose o PPdeG en primeira forza pese a estancarse en 7 edís, e cos seus socios do PSdeG-PSOE empatando a 4 edís con eles, se ben seguían contando con máis votos. Desta maneira, finalmente acadou de novo a alcaldíaConcello de Teo na FEGAMP, renovando o pacto de goberno cos socialistas de Uxía Lemus pero necesitando o apoio dos 2 edís do BNG na investidura. En outubro de 2021 expulsou os concelleiros socialistas do executivo local e continuou gobernando en minoríaSisto dinamita el gobierno de Teo al retirarle las competencias a los concejales del PSOE. Renunciou a presentarse á reelección nas municipais de 2023, nas cales o seu grupo pasou a denominarse Proxecto Común de Teo e pechou a súa listaMaría López sustituye a Rafael Sisto como alcaldable con el partido Proxecto Común de Teo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Teo
Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Teo Categoría:Alcaldes de Teo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Políticos de Anova-Irmandade Nacionalista