Santiago de Caroi é unha parroquia do concello de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 128 habitantes (61 homes e 67 mulleres), 29 menos ca en 2006. Dos 12 lugares da parroquia, están habitados 11.
Historia O topónimo posiblemente teña a súa orixe na raíz preindoeuropea kar (pedra), polo rochoso da zona. A parroquia pertenceu até 1904 ao veciño concello da Lama.
Poboación Caroi presenta un modelo de poboación típico do rural galego, cunha perda pequena e constante de veciños. No ano 2000, vivían no lugar (INE) 179 habitantes (82 homes e 97 mulleres). En 2001 tivo 184 habitantes, e desde entón a poboación comezou a decrecer.
Patrimonio Nesta parroquia, ademais da igrexa parroquial, están a capela do Neno Xesús e a capela de Santa Mariña, onde se celebra a romaría o 18 de xullo. En 1917 construíuse a escola de nenos, e en 1931 a escola de nenas, rehabilitada en 2013"Cotobade inaugura a remodelación da Casa Escola de Nenas de Caroi" , artigo de Carlos Fernández no Diario de Pontevedra, 8 de xuño de 2013..
Hai tempo había na ladeira do monte Seixo nunha zona de neves perpetuas unha neveira de xeo usada para levar ao porto de Marín para conservar o peixe.
Lugares e parroquias Lugares de Caroi
Parroquias de Cerdedo Cotobade
Notas
Véxase tamén Bibliografía Fortes Bouzán, X.: Caroianos. Unha viaxe pola nosa historia rural. Xunta de Galicia, 2008.
Outros artigos Lugares de Cerdedo Cotobade
Categoría:Parroquias de Cerdedo Cotobade Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía