Juan Sánchez Cotán, nado en Orgaz en 1560, e finado en Granada o 8 de setembro de 1627, foi un pintor español discípulo de Blas de Prado e influído por algúns artistas que traballaron no mosteiro do Escorial, como Luca Cambiaso ou Juan Fernández de Navarrete. Sánchez Cotán traballou en Toledo, onde contou cunha importante clientela, até que en 1603 deciciu ingresar como irmán da Orde dos Cartuxos, unha das ordes relixiosas de máis estrita observancia. Estableceuse en Granada até o seu pasamento o 8 de setembro de 1627.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Juan Sánchez Cotán no Museo do Prado
Categoría:Pintores do Barroco Categoría:Nados en Orgaz Categoría:Nados en 1560 Categoría:Finados en 1627