O Zidacos (en éuscaro: Zidakos) é un pequeno río que discorre pola zona media de Navarra. Nace na serra de Alaitz, na parte alta do norte da Valdorba e, despois de atravesar cidades como Tafalla e Olite, desemboca no río Aragón, moi preto de Caparroso. No tramo alto do seu percorrido, dende o seu nacedoiro e ata o seu paso por Untzue, é coñecido como regueiro Artusia.
A súa achega media anual é de 91 hm³. Ten como afluentes os regueiros Mairaga e Sánsoain. No termo municipal de Garínoain conflúe co río Zenborrain, que contribúe en boa parte ao seu caudal. O anteriormente mencionado regueiro de Mairaga é represado na súa parte máis alta, moi preto de Bariain, no municipio de Oloritz, para formar o encoro de Mairaga que abastece de auga potable a Mancomunidade de Mairaga.
Como curiosidade, cabe mencionar que existe na Rioxa outro río homónimo, pero con diferente grafía, o río Cidacos.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Información da Confederación Hidrográfica do Ebro
Categoría:Ríos de Navarra Categoría:Afluentes do Aragón