A Subida a Chantada é unha proba automobilística que se disputa anualmente na Ribeira Sacra chantadina. Xeralmente celébrase a derradeira fin de semana de xullo e está organizada pola Escudería Chantada. Puntúa para o Campionato de España de Montaña e anteriormente tamén o fixo para o Campionato de Galicia de Montaña e para o Campionato de Europa de Montaña.

Percorrido O tramo ten unha lonxitude de 4,1 quilómetros de distancia, un desnivel de 250 metros e unha pendente media do 7,5 %. É un circuíto rodeado de viñedos que remata preto da vila de Chantada.

A saída sitúase sobre unha ponte sobre o río Miño entre as parroquias de Belesar e Diomondi (O Saviñao). Transcorre por dúas zonas ben diferenciadas, un primeiro tramo da estrada LU-617 estreita e lenta, que combina diferentes tipos curvas e na famosa curva dos cipreses enlaza coa estrada LU-533. Esta segunda parte é un trazado moito máis rápido, no que se alcanzan maiores velocidades.

Programa A proba realízase en fin de semana, o sábado dende as 09.00 fanse as verificacións administrativas e técnicas. Ás 09.30 horas ábrese o parque pechado na Casa da Cultura. Ás 14.00 horas publícase a lista dos pilotos autorizados a tomar a saída e posteriormente faise a presentación dos pilotos. A saída da primeira manga é ás 15.30.

O domingo ás 08.30 horas faise a presentación dos pilotos, e ás 09.30 horas comeza a saída da segunda manga. Pola tarde, ás 16.15 horas, publícanse os resultados e a continuación a faise a entrega de premios e trofeos. No 2015 este acto celebrouse no novo Auditorio de Chantada.

Récord da proba En 1998 o piloto Andrés Vilariño cun Osella PA-20 acadou un tempo de 1'46'074.

Edición 2015 A edición do 2015 celebrouse os días 18 e 19 de xullo. Este ano tamén foi puntuable para a Copa Stark Box, que se corre sobre os Seat Marbella. Os resultados dos 3 primeiros clasificados son:

Posto Piloto Automóbil Tempo1ºJosé Antonio López FombonaAudi Quattro DTM3:47.9552ºJacobo Sobral IglesiasSILVER CAR S2 3:54.9853ºAlexis Vieitez LosadaFORMULA OUTEDA 3:56.795

Edición 2014 A edición do 2014 celebrouse os días 19 e 20 de xullo. Os resultados dos 3 primeiros clasificados son:

Posto Piloto Automóbil Tempo1ºJosé Antonio López FombonaAudi Quattro DTM3:54.3952ºJacobo Sobral IglesiasSILVER CAR S2 3:58.1083ºJose A. Varela JuanOsella PA 20 /S 3:59.899

Palmarés

Ano Edición Piloto Automóbil201643 Subida a ChantadaManuel Senra Caamaño Peugeot 306 Maxi Kit Car201542 Subida a ChantadaJosé Antonio López Fombona Audi Quattro DTM201441 Subida a ChantadaJosé Antonio López Fombona Audi Quattro DTM201340 Subida a ChantadaMartín VillarBRC 05 Evo201239 Subida a ChantadaAntonio Varela Juan Osella PA 20/S201138 Subida a ChantadaCristóbal Serantes García Formula Ralt RT-34201037 Subida a ChantadaCristóbal Serantes García Formula Ralt RT-34200936 Subida a ChantadaJosé Antonio López Fombona Audi A4 ST200835 Subida a ChantadaJosé Antonio López Fombona Audi A4 ST200734 Subida a ChantadaOscar Palacios Arias Osella PA-20 S200633 Subida a ChantadaVíctor Abraham GutiérrezOsella PA-20 S200532 Subida a ChantadaVíctor Abraham GutiérrezRALT Honda Fórmula200431 Subida a ChantadaCristóbal SerantesFormula Leiro Sport200330 Subida a ChantadaVivencio PadínRALT BMW200229 Subida a ChantadaAndrés VilariñoFormula Reynard200128 Subida a ChantadaAndrés VilariñoOsella PA-20200027 Subida a ChantadaAndrés VilariñoOsella PA-20199926 Subida a ChantadaAndrés VilariñoOsella PA-20199825 Subida a ChantadaAndrés VilariñoOsella PA-20199724 Subida a ChantadaAitor ZabaletaLola BMW 2000199623 Subida a ChantadaAitor ZabaletaLola BMW 2000199522 Subida a ChantadaAitor ZabaletaLola BMW 2000199421 Subida a ChantadaLuís MartínezOsella BMW199320 Subida a ChantadaJosé Luís SantosFórmula Martini198719ª Subida a ChantadaPancho EgozkueLola BMW 2000198618 Subida a ChantadaJean VinjesLola BMW 2000198517 Subida a ChantadaFermín VélezLola BMW 2000198416 Subida a ChantadaAndrés VilariñoLola BMW 2000198315 Subida a ChantadaJuan FernándezLola BMW 2000198214 Subida a ChantadaCarlos ArenzanaLola BMW 2000198113 Subida a ChantadaJuan FernándezLola BMW 2000198012 Subida a ChantadaJean ClaudeLola BMW 2000197911 Subida a ChantadaJuan FernándezLola BMW 2000197810 Subida a ChantadaJean VinjesOsella BMW 200019779 Subida a ChantadaJuan FernándezLola BMW 200019768 Subida a ChantadaBeni FernándezBMW 2002 TII19757 Subida a ChantadaRobert GiannoneAurora Porsche 2.019746 Subida a ChantadaLuís QuinzánAlpine Renault 1600 S19735 Subida a ChantadaLuís QuinzánAlpine Renault 1600 S19724 Subida a ChantadaLuís QuinzánAlpine Renault 1600 S19713 Subida a ChantadaE. Bing JochAbartch 2000 OT19702 Subida a ChantadaE. NoguerolAlfa Romeo 2.0 GTAM19691 Subida a ChantadaEstanislao ReverterPorsche 911 S

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial da Escudaría Chantada Vídeo: XVI SUBIDA CHANTADA 1984