O FDJ (código UCI: FDJ), tamén coñecido como La Française des Jeux, é un equipo ciclista francés que compite no UCI WorldTour. O nome do equipo é patrocinado pola empresa de loterías francesa, La Française des Jeux. O equipo fundouse en 1997 e na actualidade disputa as súas carreiras con bicicletas Lapierre.
Historia miniatura|300px|As bicicletas e o coche do equipo no Eurométropole Tour 2014. O equipo foi fundado no ano 1997 baixo o liderado de Marc Madiot, un ex-ciclista gañador da París-Roubaix en varias ocasións. Durante varios anos o equipo levou o nome da páxina web do seu patrocinador (Fdjeux.com) para facerlle publicidade, pero no 2005 o equipo recuperou o seu nome orixinal, Française des Jeux. O equipo foi do UCI ProTour durante 6 tempadas (da 2005 á 2010). Ao final desa última tempada, a do ano 2010, o conxunto descendeu de categoría á Profesional Continental. Na tempada do ano 2012, o equipo regresou a participar na máxima categoría do ciclismo, o UCI WorldTour.
Campionatos nacionais
Equipo A 1 de xaneiro de 2017 Ciclista Nacemento William Bonnet 25 de xuño de 1982 Davide Cimolai 13 de agosto de 1989 Arnaud Courteille 13 de marzo de 1989 Mickaël Delage 6 de agosto de 1985 Arnaud Démare 26 de agosto de 1991 Odd Christian Eiking 28 de decembro de 1994 Marc Fournier 12 de novembro de 1994 David Gaudu 10 de outubro de 1996 Jacopo Guarnieri 14 de agosto de 1987 Daniel Hoelgaard 1 de xullo de 1993 Ignatas Konovalovas 8 de decembro de 1985 Mathieu Ladagnous 12 de decembro de 1984 Johan Le Bon 3 de outubro de 1990 Olivier Le Gac 27 de agosto de 1993 Tobias Ludvigsson 22 de febreiro de 1991 Jérémy Maison 21 de xullo de 1993 Lorenzo Manzin 26 de xullo de 1994 Rudy Molard 17 de setembro de 1989 Steve Morabito 30 de xaneiro de 1983 Cédric Pineau 8 de maio de 1985 Thibaut Pinot 29 de maio de 1990 Kévin Reza 18 de maio de 1988 Anthony Roux 18 de abril de 1987 Jérémy Roy 22 de xuño de 1983 Marc Sarreau 10 de xuño de 1993 Benoît Vaugrenard 5 de xaneiro de 1982 Arthur Vichot 26 de setembro de 1988 Léo Vincent 6 de novembro de 1995
Véxase tamén Outros artigos UCI WorldTour
Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Equipos ciclistas