O Autódromo Internacional do Algarve é un autódromo localizado en Portimão, no Algarve, Portugal. A construción finalizouse en outubro do 2008, custou 195 millóns de euros e o circuíto foi inaugurado o 2 de novembro dese mesmo ano, na data da carreira final do Campionato do mundo de Superbikes. Ademais da xa citada proba, o autódromo tamén albergou o A1 Grand Prix, as GP2 Series, as World Series by Renault, a Superleague Formula, o Campionato do Mundo de Turismos, as Superstars Series, o Campionato FIA GT, as Le Mans Series e o Open Internacional de GT. O circuíto tamén acolle moitos adestramentos da Fórmula 1.
O trazado principal e máis largo, ten unha lonxitude de 4.692 metros e conta cun total de 18 curvas.
Características
Inaugurado en outubro 2008, recibiu a homologación FIM e a FIA para acoller competicións internacionais. Cun custo de aproximadamente 195 millóns de euros, acolleu a primeira competición oficial o 2 de novembro de 2008 coa última rolda do Campionato do mundo de Superbikes, que rematou coa despedida do múltiple campión Troy Bayliss, que dominou a 1º carreira 1 e a 2ª carreira. Articolo / troy-bayliss-campione-del-mondo-sbk-doppietta-a-portimao / 8664 / Crónica en Derapate.it
A instalación está flanqueada por un kartodromo, un parque tecnolóxico, un hotel de cinco estrelas, un complexo deportivo e varios apartamentos. Unha "cidadela do automobilismo" que se estende por unhas 300 hectáreas nos outeiros da cidade portuguesa, o trazado principal ten unha lonxitude de 4.692 metros con 64 variacións posibles sobre a configuración orixinal do circuíto. Configuración para a Fórmula 1:
Capacidade espectadores: 80.000 Lonxitude do circuíto: 4´653 quilómetros. Distancia da carreira de Fórmula 1: 66 voltas = 307´098 quilómetros. 16 curvas en total (- a dereita e - a esquerda). Ancho da pista: 14 m. Configuración aerodinámica: alta/moi alta. Velocidade máxima estimada 352´9 km/h con DRS, - km/h sen DRS Aceleración a fondo: - % do tempo de volta. Tempo de freado: - % do tempo da volta. Total de combustible necesario para a distancia de carreira: Consumo de combustible: kg por volta. Cambio de marchas por volta: Número de zonas de freado: Desgaste dos freos: Desgaste dos pneumáticos: Distancia dos Boxes: Perda de tempo nunha parada en boxes: Tempo total necesario para a parada en boxes: Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): - segundos. Marca volta: 1’16’’654 (Valtteri Bottas, 2020)
Nº Ano Piloto Construtor Motor Pneu. Tempo Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de 1 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 1:29:56,828 h 4,635 km 66 204,671 km/h 25. outubro Portugal 2 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 1:34:31,421 h 4,635 km 66 194,761 km/h 2. maio
Notas
Véxase tamén Outros artigos Portimão Ligazóns externas Páxina web oficial Track maps and history at RacingCircuits.info 3D preview of the Craig Jones Memorial, partially built, in the main access of the Algarve Motor Park - YouTube “Craig Jones remembered with statue honor” in Algarve resident (30 de outubro de 2009) “Craig Jones memorial removed” in Algarve resident (5 de novembro de 2009) ”Paula Hespanha expõe estátua de Craig Jones” in Jornal Hardmusica (outubro 2009) “Memorial Craig Jones em Portimão” in Atrox Mobilis – Motos e Mobilidade (22 de outubro de 2009) (contains a 3D preview of the Craig Jones Memorial)
Categoría:Deporte en Portugal Categoría:Circuítos de carreiras de Portugal