Mikhail Anatol Litvak, coñecido como Anatole Litvak (Анатоль Литвак), nado en Kíiv (hoxe en Ucraína) o 21 de maio de 1902 e finado en Neuilly-sur-Seine (Altos do Sena) o 15 de decembro de 1974 foi un cineasta de orixe ucraína que dirixiu, produciu e escribiu filmes en diferentes países.
Traxectoria Litvak naceu nunha familia de orixe xudía e creceu no Imperio Ruso.Wakeman, John (ed.) World Film Directors: 1890 – 1945, H. W. Wilson Co. (1987) pp. 677–683Heinze, Andrew R. Jews and the American Soul: Human Nature in the Twentieth Century, Princeton Univ. Press (2004) p. 198 Cando era adolescente traballou no teatro en San Petersburgo e estudou interpretación na escola dramática estatal. Nos estudos Nordkino dirixiu nove filmes mudos. Marchou a Berlín en 1925 por razóns políticas e ideolóxicas.Bowers, Ronald; Hillstrom, Laurie Collier, ed. International Dictionary of Films and Filmmakers: Directors (3rd ed.) St. James Press, 1997 pp. 613–615 En Alemaña dirixiu algúns filmes na década de 1930 antes do ascenso dos nazis.
Marchou logo a Francia antes da invasión do país na segunda guerra mundial. A cidade de París converteuse na súa localización preferida, ambientando nela trece dos seus trinta e sete filmes. De todos os axudantes que traballaron con Litvak en Francia, Max Ophüls chegou a ser un recoñecido director.
O filme Mayerling foi o que lle deu sona internacional. O seu éxito fixo que recibise chamadas de Hollywood, incluído un contrato de catro anos coa Warner Bros. Ao aceptar o contrato converteuse nun dos principais directores de finais dos anos trinta. En 1940 dirixiu City for Conquest con James Cagney e Elia Kazan como actor secundario nun dos seus poucos papeis.
Litvak, nacionalizado estadounidense, alistouse no exército ao comezo da segunda guerra mundial. Uniuse ao director Frank Capra para realizar a serie de filmes Why We Fight. Prelude to War gañou o Oscar ao mellor documental en 1942. Grazas aos seus coñecementos de ruso, alemán e francés, supervisou a filmación do desembarco de Normandía.Robinson, Harlow. Russians in Hollywood, Hollywood's Russians: biography of an image, Northeastern University Press (2007) pp. 27, 116
Ao final da guerra volveu ao cinema, dirixindo filmes como The Snake Pit (1948), Decision Before Dawn (1951) e Anastasia.
Faleceu en 1974 en Neuilly-sur-Seine.
Filmografía
Dolly macht Karriere (1930) Nie wieder Liebe (1931) Coeur de lilas (1932) Sleeping Car (1933) L'Équipage (1935) Mayerling (1936) The Woman I Love (1937) Tovarich (1937) The Sisters (1938) The Amazing Dr. Clitterhouse (1938) Confessions of a Nazi Spy (1939) Castle on the Hudson (1940) City for Conquest (1940) All This and Heaven Too (1940) Out of the Fog (1941) Blues in the Night (1941) This Above All (1942) The Long Night (1947) Sorry, Wrong Number (1948) The Snake Pit (1948) Decision Before Dawn (1951) Act of Love, aka Un acte d'amour (1953) The Deep Blue Sea (1955) Anastasia (1956) Mayerling (1957) The Journey (1959) Goodbye Again (1961) Five Miles to Midnight (1962) A noite dos xenerais (1967) Die Dame im Auto mit Brille und Gewehr (1970)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía ''Michelangelo Capua, Anatole Litvak: His Life and His Films, McFarland & Co., Jefferson, N.C. 2015 Ligazóns externas
Categoría:Directores de cinema de Ucraína Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Kíiv Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1974