Luís Vázquez Trabazo coñecido como Luís Trabazo, nado en Ourense en 1912 e finado na mesma cidade o 13 de novembro de 1978, foi un pintor e xornalista galego.

Traxectoria Licenciado en Dereito. Participou na Guerra Civil onde gañou a medalla ao mérito individual. Comezou a pintar nos anos cincuenta e expuxo por primeira vez en 1959. Dirixiu unha galería de arte en Madrid. Foi xornalista e escribiu crítica de arte na revista Índice. Tamén foi un estudoso do Modernismo en Ourense, sobre o que publicou artigos en La Región. Publicou en 1969 o tratado de filosofía política ¿Violencia o razón?

Véxase tamén Ligazóns externas

Don Luis Trabazo

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Xornalistas de Ourense Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes