A limanda,Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 82. é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos,Limanda limanda (Linnaeus, 1758) no WoRMS. unha das seis que integran o xénero Limanda,Limanda Gottsche, 1835 no WoRMS.

É un peixe mariño, demersal, oceanódromo, de grande importancia comercial, de até 40 cm de lonxitude, que habita sobre fondos areosos pouco profundos nas costas do norte de Europa, desde Islandia, o norte de Noruega e os mares de Barents e Branco, polo norte, até o golfo de Biscaia, polo sur, sendo particularmente abundante no mar do Norte.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1758 polo naturalista sueco Carl von Linné (Linneo), baixo o nome de Pleuronectes limanda, na 10ª edición do seu Systema Naturae, obra na que se inicia o moderno sistema de clasificación e nomenclatura dos animais.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, e polo orixinario que lle deu Linneo, a especie coñécese tamén polos seguintes sinónimos:Sinónimos de Limanda limanda (Linnaeus, 1758) en FishBase. Liopsetta limanda (Linnaeus, 1758) Pleuronectes limandula Bonnaterre, 1788

Etimoloxía O nome limanda, que Linneo empregou como nome específico (e que despois adoptou Gottsche para o xénero por el creado, e no que actualmente se sitúa esta especie) é un termo do latín científico tirado do francés limande "limanda", que á súa vez deriva do francés antigo lumande, e este do latín lima, "lima" (utensilio dos carpinteiros), ao que lle engadiu o sufixo -ande; estes peixes serían así denominados a causa da rugosidade da súa pel, no sentido de que era 'boa para limar'.Webster's New International English Dictionary. Webster. 2012.

Características A limanda ten unha aparencia similar á da solla (Platichthys flesus) e á doutros pleuronectinos e, así mesmo, ten ambos os ollos situados normalmente no lado dereito do corpo.

A súa boca é pequena, e as escamas que recobren o lado pigmentado (superior) do seu corpo son moi rugosas (como nas demais especies do xénero).

A superficie superior do corpo é xeralmente de cor parda pálida, con manchas escuras dispersas, pero no ten os puntos alaranxadoss típicos da aolla. As aletas pectorais poden ser alaranxadas.

A liña lateral caracterízase por unha distintiva curva semicircular por encima da aleta pectoral. As aletas dorsal e anal forman unha curva lixeiramente arredondada ao redor do contorno do corpo.

Pode alcanzar un tamaño duns 40 cm, e un peso de até 1 kg, pero os exemplares capturados raramente miden máis de 30 cm.

Bioloxía Hábitat e distribución miniatura|Mapa de distribución da limanda.

Esta especie vive sobre fondos brandos, en xeral areosos, pouco profundos, desde os 5 aos 150 m, e distribúese polas costas do norte de Europa, entre os 72° N e os 43° N, e entre os 25° W e os 45° E, desde Islandia, o norte de Noruega e os mares de Barents e Branco, polo norte, até o golfo de Biscaia, polo sur, sendo particularmente abundante no mar do Norte, sendo o peixes planos máis abundante desta rexión, cunha poboación estimada de até os 15 millónms de toneladas.Limanda limanda (Linnaeus, 1758) en FishBase.Muus, Bent J. et al. (1998), pp. 262-263.

Alimentación A limanda aliméntase de moluscos gasterópodos e bivalvos, vermes poliquetos, crustáceos, equinodermos (ofiúras e pequenos ourizos) e, en menor proporción, de pequenos peixes bentónicos (especielmente gobíidos e alepisáuridos).

Competencia coa solla Como a súa dieta e similar á da solla, en moitos lugares do mar do Norte os pescadores consideran que a limanda é un serio competidor das máis valiosas sollas, debido á súa abundancia. Pero a dieta da limanda é máis ampla que a da solla, e unha reprodución máis rápida, porque moitas limandas conseguen desovar antes de ser o suficientemente grandes como para caer nas redes de pesca. Por iso nalgúns lugares incrementouse o número de individuos, ao tempo que o da solla diminuíu seriamente (por exemplo, nos caladoiros daneses.

Reprodución e desenvolvemento

Reprodución Os machos da limanda alcanzan a madureza sexual, no mar do Norte, aos 2 ou 3 anos de idade, cando miden de 10 a 20 cm; as femias, cando teñen de 3 a 5 anos e miden entre os 20 a 25 cm.

A desova prodúcese entre xaneiro e agosto, máis cedo nas costas da Gran Bretaña, máis tarde no mar do Norte (entre abril e xuño) e no mar de Barents (entre xuño e xullo). A desova ten lugar en toda a súa área de distribución a de 20 a 40 m de profundidade (a máis profunda, no sur do mar Báltico).

Cada femia produce entre os 50 000 e os 150 000 ovos, peláxicos, que miden 1 mm de diámetro.

Desenvolvemento Os ovos eclosionan ao cabo de entre 3 e 12 días, segundo a temperatura da auga, dando lugar a larvas, así mesmo peláxicas, de 2,4 mm, que non se desprazan até os fondos de 6 a 70 m até que xa se metamorfosearon a peixes planos e miden uns 14 mm. A taxa de crecemento varía notabelmente segundo a localidade.

Lonxevidade A máxima idade rexistrada alcanza os 12 anos.

Pesca A pesar da súa abundancia, a limanda foi considrada até hai pouco tempo como unha especie non comercial, e a maioría dos espécimes capturados só se apañaban durante a pesca doutras especies.Burton, Maurice & Robert Burton (2002): "Dab". En The international wildlife encyclopedia, 10. Marshall Cavendish. ISBN 978-0-7614-7266-7, pp. 634–5.North Sea Task Force (1993): North Sea quality status report 1993. Fredensborg, Denmark: Olsen and Olsen. ISBN 978-1-872349-07-7, p. 70. Porén, a diminución das capturas doutros peixes moi apreciados, como o bacallau (Gadus morhua) e o fogueiro (Melanogrammus aeglefinus) fixeron que a limanda se convertera nunha especie comercial cada vez máis importante.Dab en British Sea Fishing.

A miúdo a limanda é unha captura accesoria da pesca doutras especies con artes de arrastre e de cerco. De difícil transporte, comercialízase conxelada ou en fresco, conservada en xeo, e consómese xeralmente en filetes.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull. 96 (4): 686-726. Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronéctidos Limanda

Ligazóns externas Limanda limanda na EOL. Contén informacións e numerosas imaxes e mapas de distribución . Limanda limanda na ADW. Contén abundante información sobre a especie e numerosas referencias bibliográficas .

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Produtos da pesca