O castelo de Ucero é unha construción defensiva medieval situada na vila de Ucero na provincia de Soria pertencente á Comunidade Autónoma de Castela e León en España.
Áchase baixo a protección da Declaración xenérica do Decreto de 22 de abril de 1949, e a Lei 16/1985 sobre o Patrimonio Histórico Español. Foi propiedade da Igrexa Católica ata o ano 1966, no que un tivo lugar un acordo entre o Estado e a Igrexa, que facilitou a incorporación do castelo a Patrimonio Nacional .
As obras de restauración comezaron en 2014 e o seu financiamento está a cargo do Ministerio de educación, cultura e deporte. Ademais os visitantes poden visitar o castelo para coñecer o desenvolvemento das obras de restauración.
A situación Situado sobre un promontorio rochoso na beira do río Ucero, preto do seu nacemento, domina o amplo espazo dos vales dos ríos Lobos e Rapaz e álzase sobre a vila que lle dá nome. Preto áchase o canón do río Lobos cuxa parte final é totalmente visible dende a fortaleza.
O acceso é tan impresionante como o propio castelo, que aínda na actualidade, no empobrecido estado de ruínas en que se acha, chama a atención pola súa inmensidade e sorprende en canto se fai visible ao baixar a costa da Galiana. Unha particularidade interesante do castelo é a similitude que garda co castelo de «Villa Rey» de Miranda del Castañar, debido á construción dos dous castelos no século XII.
Dende o núcleo urbano de Ucero, chégase ao castelo despois de cruzar o río por un camiño que se vai afundindo entre paredes rochosas sobre as que, a man esquerda segundo se sobe, álzase a construción da fortaleza e da ermida asociada a esta.
Historia miniatura|Vista xeral do castelo A zona dominada polo castelo foi habitada dende a prehistoria. Os restos rupestres achados en diferentes puntos da zona do canón de río Lobos, preto da Ermida de San Bartolomé e os depósitos de El Banconcillo, tamén ao lado desta, testemuñan presenza humana polo menos dende a idade de bronce. O propio castelo aséntase sobre os restos dun castro celtibero. A necrópole visigótica de San Martín, e as construcións romanas van deixando ver a continuidade do asentamento nestas terras.
O lugar aparece nomeado por primeira vez en 1157 cando o rei Afonso VII sitúa a vila de Sotos de Suso entre Osma e Ucero, e ademais hai datos que indican que o castelo xa existía no século XIII. O vencello dos templarios coa zona é moi forte. Estímase que o importante convento de San Juan de Otero, xa extinguido, estaba situado preto da Ermida de San Bartolomé, a cal tamén é templaria. Hai constancia que en 1170 xa estaba asentada a Orde do Temple neste lugar, pois está documentado un litixio entre os templarios e a Orde de Calatrava ,onde se cita o convento de San Juan de Otero.
Alejandro Aylagas sinala a Juan González de Ucero como primeiro señor do castelo en 1212 e asegura que era un asentamento templario dende Afonso I de Aragón. Juan González de Ucero participou na batalla das Navas de Tolosa a carón do seu rei, Afonso VIII, e foi proclamado señor da vila por aquela acción. A vila e o castelo de Ucero pertenceu posteriormente a Juan García de Ucero, esposo de María de Meneses, e á morte daquel, a súa esposa herdouno e entregoullo á filla ilexítima que tivo co rei Sancho IV de Castela, Violante Sánchez de Castela. miniatura|Acceso ao Castelo Nun documento emitido o 13 de novembro de 1325 en Aviñón, o papa Xoán XXII encomendou ao arcebispo de Toledo, Juan de Aragón, que seguise o preito que mantiñan Violante Sánchez e o bispo de Osma, Juan Pérez de Ascarón, pola posesión do señorío de Ucero, que, segundo ela, lle pertencía legalmente pola herdanza da súa nai e fora ocupado e retido ilegalmente polo bispo de Osma dende que, segundo el, o mercou o 23 de maio de 1302 por 300.000 marabedís, xunto con outras propiedades, aos testamenteiros de Juan García de Villamayor, segundo a escritura de venda publicada no tomo II das Memorias de Fernando IV de Castela. Malia iso, Violante continuou considerándose propietaria do señorío e en 1327 doouno, xunto co resto das súas posesións, á Orde de Santiago, obviando que o señorío de Ucero pertencía dende 1302 aos bispos de Osma.
No século XVI o castelo é reconstruído por orde do bispo Pedro de Montoya. Honorato Juan coloca o seu escudo de armas sobre a entrada principal no século XVII. A utilización do castelo polo bispado de Osma foi moi dispar, dende mansión palaciana para os bispos (os cales acudían a esparexerse coa pesca da troita no couto do río Ucero) ata cárcere para clérigos.
Descrición A construción consta dun triplo recinto amurallado protexido por un foso. O acceso realizábase por unha serie de ramplas e unha ponte levadiza. A defensa complétase polo lado sur cun muro. A este mesmo lado, construíuse unha ermida separada da construción defensiva pero relacionada con esta. O castelo dispoñía dunha porta de acceso que queda en fronte da ermida. Esta ermida podería ser a da Nosa Señora de Villavieja. miniatura|Torre da homenaxe Posuía un alxibe, do que quedan restos, e unha zona de estanzas onde hoxe en día se observan os encaixes das vigas nos muros.
A torre da homenaxe mantense ergueita e en relativo bo estado. Ten perpiaños en forma de cabalo e está rematada por unhas fileiras de mísulas que soportan o ameado. Hai unha xanela oxival con moldura decorada con dous gárgolas asimétricas. No exterior, hai varias gárgolas; unha delas ten tres figuras e outra ten unha figura que está a suxeitar algo mentres que sobre ela se pode ver unha aguia agarrando unha serpe. O teito da torre é unha bóveda oxival que ten restos de pinturas e está apoiada en mísulas decoradas con cabezas e personaxes. Na clave desta bóveda hai un agnus dei, é dicir unha figura dun cordeiro que algúns estudosos encadran dentro da simboloxía templaria. miniatura|Detalle do escudo da entrada Hai unha pasaxe subterránea que baixa dende o castelo ao río Ucero percorrendo en zigzag a aba do outeiro. A finalidade deste era ter acceso á auga en caso de asedio. A pasaxe está parcialmente derrubada, pero hai algunhas seccións practicables. Está construído escavando o oco no chan e cubríndoo con laxas de cachotaría. Ten unha largura de 1,16m e unha altura que varía entre os 2,13 m e os 1,5 m.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Antonio Benavides Fernández de Navarrete, Memorias de Don Fernando IV de Castilla, Tomo II, Imprenta de Don José Rodríguez María Echániz Sans, El monasterio femenino de Sancti Spíritus de Salamanca: colección diplomática (1268-1400), ediciones de la Universidad de Salamanca, 1993. Miguel Ángel García Guinea, José María Pérez González, José Manuel Rodríguez Montañés, Enciclopedia del románico , editado pola Fundación Santa María la Real, Centro de Estudios del Románico en Castilla y León 2002.
Ligazóns externas O castelo de Ucero en Castelos de Soria.
Ucero Categoría:Provincia de Soria