San Bernabeu da Ameixeira é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Crecente na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 114 habitantes (56 homes e 58 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 119 habitantes.

dereita|miniatura|200px

O castro do Cerco está situado enriba do lugar de Bouzas. Atópase sen escavar sobre unha elevación con foxos e murallas.

A parroquia limita ao norte co concello da da Caniza. Está bañado polo río Ribadil, e o lugar máis alto é o monte de Picoña, de 647 metros, en torno ao cal se reparten as entidades de poboación. A economía baséase na gandería e o pastoreo.

Historia A Ameixeira dependía eclesiasticamente da capela de San Colmede, anexo de Filgueira. Co derrubamento deste templo para aproveitar as pedras na construción da actual igrexa parroquial de Filgueira, A Ameixeira constituíuse como parroquia no século XVIII após reclamación dos veciños.

Lugares e parroquias Lugares da Ameixeira

Parroquias de Crecente

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Crecente

Categoría:Parroquias de Crecente Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Bernabeu