miniatura|240px|Rhombosolea retiaria. miniatura|240px|Rhombosolea leporina. Rhombosolea é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos rombosoleinos.Rhombosolea Günther, 1862 no WoRMS, propios das costas de Nova Zelandia e o sur de Australia.<ref name=FB>Froese, Rainer and Daniel Pauly, eds. (2012): [] en Especies de Rhombosolea en FishBase.</ref>

Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as especies deste xénero teñen o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1862 polo zoólogo británico nado en Alemaña Albert Günther.

Etimoloxía O nome Rhombosolea está formado pola raíz do latín científico rombo-, que deriva do latín clásico rhombus, -i, "rodaballo", e tamén "rombo" (figura xeométrica), que á súa vez vén do grego antigo ῥόμβος rhómbos, "algo que xira",ῥόμβος Henry George Liddell & Robert Scott: A Greek-English Lexicon, en Perseus. que deriva do verbo ρέμβω rhémbō, "dar voltas e voltas",ρέμβω Henry George Liddell & Robert Scott: A Greek-English Lexicon, en Perseus. palabra que foi utilizada tanto por Euclides como por Arquímedes, que utilizaron o termo "rombo sólido" para describir a figura formada por dous conos que comparten unha base común, é dicir, un rombo,The Origin of Rhombus . unida ao nome de xénero Solea (os linguados) que, á súa vez, vén do termo latino solea, que era o nome que lle daban os romanos a unha certa especie de linguado, debido ao seu aspecto que recordaba a sola dunha sandalia (en latín clásico, solea, -ae).Online Etymology Dictionary.

Sinónimos Ao longo do tempo este xénero foi coñecido tamén polos sinónimos: Apsetta Kyle, 1901 Bowenia Haast, 1873

Especies Segundo o WoRMS, e FishBase o xénero abrangue catro especies: Xénero Rhombosolea Rhombosolea leporina Günther, 1862 Rhombosolea plebeia (Richardson, 1843) - a solla de area de Nova Zelandia.Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 83. Rhombosolea retiaria Hutton, 1874 Rhombosolea tapirina Günther, 1862

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World''. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronéctidos Rombosoleinos

Ligazóns externas Rhombosolea na ADW. Rhombosolea na EOL.

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Produtos da pesca