Exchangeable image file format (Exif) é unha especificación para formatos de ficheiros de imaxes empregado por cámaras dixitais. Creouno a Japan Electronic Industry Development Association (JEIDA). Esta especificación emprega formatos de ficheiros existentes coma JPEG, TIFF e RIFF, aos que engade etiquetas específicas de metadatos. A versión 2.1 desta especificación publicouse o 12 de xuño de 1998 e a versión 2.2 en abril de 2002.
Notas
Categoría:Formatos de ficheiro Categoría:Fotografía dixital