Poecilopsetta é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pecilopsetinos.Poecilopsetta Günther, 1880 no WoRMS.

O xénero comprende varias especies de pequenos peixes planos propios das augas profundas da rexión Indo-Pacífica, agás dúas (P. beanii e P. inermis), que viven no Atlántico occidental.Especies do xénero Poecilopsetta en FishBase.

Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as especies deste xénero teñen o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.

Taxonomía

O xénero foi descrito en 1880 polo zoólogo, ictiólogo e herpetólogo británico nado en Alemaña Albert Günther.

Especies Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes 15 especies:

Xénero Poecilopsetta

Poecilopsetta albomaculata Norman, 1939 Poecilopsetta beanii (Goode, 1881) Poecilopsetta colorata Günther, 1880 Poecilopsetta dorsialta Guibord & Chapleau, 2001 Poecilopsetta hawaiiensis C. H. Gilbert, 1905 Poecilopsetta inermis (Breder, 1927) Poecilopsetta macrocephala Hoshino, Amaoka & Last, 2001 Poecilopsetta multiradiata Kawai, Amaoka & Séret, 2010 Poecilopsetta natalensis Norman, 1931 Poecilopsetta normani Foroshchuk & Fedorov, 1992 Poecilopsetta pectoralis Kawai & Amaoka, 2006 Poecilopsetta plinthus (D. S. Jordan & Starks, 1904) Poecilopsetta praelonga Alcock, 1894 Poecilopsetta vaynei Quéro, Hensley & Maugé, 1988 Poecilopsetta zanzibarensis Norman, 1939

Notas

Véxase tamén Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5. Heemstra, P. C. (1986): "Pleuronectidae". En M. M. Smith e P. C. Heemstra, eds. Smith's sea fishes. Berlín–Heidelberg–Nova York: Springer Verlag. ISBN 3-540-16851-6. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos Pleuronéctidos

Ligazóns externas Poecilopsetta n EOL.

Categoría:Pleuronectiformes