Santa María de Dozón é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Dozón. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 214 habitantes (107 mulleres e 107 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 369 habitantes.

Historia Santa María de Dozón integrou en 1890 a antiga parroquia de San Pedro do Mosteiro que foi suprimida no plan de arranxo da diocese lucense.

Patrimonio histórico Nesta parroquia, no lugar do Mosteiro, está situada a Igrexa de San Pedro de Vilanova de Dozón.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Dozón

Parroquias de Dozón

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Dozón

Categoría:Parroquias de Dozón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María