Ambasmestas é unha localidade do concello leonés da Veiga de Valcarce, na bisbarra do Bierzo. No ano 2011 tiña 46 habitantes.

Características O seu topónimo significa 'mestura de augas', similar a outras aldeas chamadas Trambasaugas ao confluíren nos seus lindeiros as augas dos ríos Valcarce e Valboa.

Encóntrase atravesada pola Vía Francesa do Camiño de Santiago e pola estrada N-VI Madrid-A Coruña.

A igrexa da localidade está dedicada a San Pedro.

En 1846 tiña 92 habitantes.

Notas

Categoría:A Veiga de Valcarce