miniatura|Gustav Preller, activista do africáner e un dos membros da primeira Spellingskommissie
Die Taalkommissie (en afrikaans "A Comisión de Lingua") é un departamento da Suid-Afrikaanse Akademie vir Wetenskap en Kuns (Academia Surafricana de Ciencia e Artes) que serve como o comité técnico da Nasionale Taalliggaam vir Afrikaans (NTLA) e que funciona como o órgano regulador da lingua africáner. A Akademie fudouse en Bloemfontein en 1909 e en 1914 estableceuse a Spellingskommissie (Comisión de Ortografías), que mudou de nome en 1964 para o actual.Die Geskiedenis van die Afrikaanse Woordelys en Spelreëls Historia da e AWS
O traballo principal que realiza esta comisión é a revisión e publicación da Afrikaanse Woordelys en Spelreëls, unha guía estándar da ortografía e convencións para a escrita do africáner. Considerada a fonte de autoridade para a escrita das palabras nesa lingua, e que supuxo o remate á disparidade ortográfica para unha mesma palabra que rexía antes de 1917. Deica 2009 apareceron dez edicións da AWS.
Ademais ten competencia da gramática de africáner e de novos usos da lingua, como nova terminoloxía, e cobre tamén variedades do africáner, como o nama, griqua ou capense, incluíndo tamén no AWS un gran corpus de palabras usadas pola comunidade islámica africáner.Die Suid-Afrikaanse Akademie vir Wetenskap en Kuns: Taalkommissie
Presidentes TH le Roux Francois Odendal Johan Combrink (1992–1999) Anton Prinsloo (1999–2003) Ernst Kotzé (2003–2012) Tom McLachlan (2012–2013) Gerhard van Huyssteen (2013- )
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas s Web da Afrikaanse Woordelys en Spelreëls
Categoría:Academias da lingua