Dwight Harlan Powell, nado o 20 de xullo de 1991 en Toronto, Ontario, é un xogador canadense de baloncesto profesional que xoga nos Dallas Mavericks da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional Boston Celtics O 26 de xuño de 2014, Powell foi elixido na 45ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Charlotte Hornets.2014 NBA Draft Results: Charlotte Hornets select Dwight Powell with 45th pick O 12 de xullo de 2014, os dereitos de Powell foron traspasados xunto a Brendan Haywood ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Scotty Hopson e unha compensación económica.Hopson Acquired from Cavs Disputou a Liga de Verán da NBA de 2014 cos Cavaliers, e o 23 de agosto de 2014 asinou un contrato con eles.Cavs Sign Dwight Powell O 25 de setembro de 2014, foi traspasado ós Boston Celtics xunto a John Lucas III, Erik Murphy, Malcolm Thomas e dúas eleccións da segunda rolda de Cleveland dos Drafts de 2016 e 2017, a cambio de Keith Bogans e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft.Boston Celtics Announce Roster Moves Durante a súa tempada coma rookie nos Celtics, foi asignado en varias ocasións ós Maine Red Claws da NBA Development League.

Dallas Mavericks O 18 de decembro de 2014, Powell foi traspasado xunto a Rajon Rondo ós Dallas Mavericks, a cambio de Jae Crowder, Jameer Nelson, Brandan Wright, unha elección da primeira rolda do Draft de 2015 e unha elección da segunda rolda do Draft de 2016. En xullo de 2015, uniuse ó equipo dos Mavericks para a Liga de Verán da NBA de 2015.

Estatísticas Tempada regular Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2014–15 Boston 5 1.8 .800 .000 .500 0.2 0.0 0.4 0.0 1.8 2014–15 Dallas 24 9.5 .435 .273 .774 2.0 0.4 0.3 0.3 3.4 Total 29 8.1 .463 .273 .758 1.7 0.3 0.3 0.2 3.1

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Toronto Categoría:Xogadores de baloncesto do Canadá Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos do Canadá Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2024