miniatura|250px|Exemplares de P. nasuta capturados no golfo de Odesa, mar Negro, Ucraína.
Pegusa nasuta (Pallas, 1814) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,Pegusa nasuta (Pallas, 1814) no WoRMS, coñecida en galego como linguado do mar Exeo.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 85. Estes autores identifican a especie como Solea nasuta (Pallas, 1814), que é un dos seus sinónimos máis empregados.
É unha especie moi semellante a P. lascaris, o linguado do mar Exeo, coa que adoito se confunde, que habita nas costas do Mediterráneo, especialmente nas da beira norte, e nos mares Negro e de Azov.
Taxonomía A especie foi descrita en 1814 polo zoólogo alemán Peter Simon Pallas, co nome de Pleuronectes nasutus.
Sinónimos Ademais de polo nome orixinario que lle impuxo Pallas, a especie coñécese tamén polos sinónimos:
Pegusa impar nasuta (Pallas, 1814) Solea bleekeri Boulenger, 1898 Solea lascaris nasuta (Pallas, 1814) Solea nasuta (Pallas, 1814)
Etimoloxía O nome específico, nasuta, é a forma feminina do adxectivo latino nāsūtus, -a, -um, "narigudo, nariguda".
Controversia taxonómica No pasado, esta especie foi considerada como unha subespecie de Pegusa lascaris, Pegusa lascaris nasuta. Debiso a iso, ás veces meciónase, erroneamente, como Pegusa lascaris nos textos dobre a fauna do mar Negro.Movchan, Yu. V. (2011): Fish of Ukraine, Kiev.
Características e bioloxía Moi semellante a Pegusa lascaris, é un pequeno linguado de até 20 cm de lonxitude,Quéro, J.-C.; M. Desoutter & F. Lagardère (1986): "Soleidae", pp. 1308-1324 en: P. J. P. Whitehead, M.-L. Bauchot, J.-C. Hureau, J. Nielsen & E. Tortonese, eds. Fishes of the North-eastern Atlantic and the Mediterranean. Paris: UNESCO, Vol. 3. que vive en augas subtropicais, mariñas e salobres, demersal e oceanódromo,Riede, K. (2004): Global register of migratory species - from global to regional scales. Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081. Federal Agency for Nature Conservation, Bonn, Germany. nas costas do Mediterráneo, especialmente nas da beira norte, e nos mares Negro e Azov.Pegusa nasuta (Pallas, 1814) en FishBase.
Pesca Pegusa nasuta captúrase na súa área de distribución, na zona de pesca 37 (Mediterráneo).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8. Vachon, J.; M. Desoutter & F. Chapleau (2005): Solea bleekeri Boulenger, 1898, a junior synonym of Pegusa nasuta (Pallas, 1814), with the recognition and redescription of Solea turbynei Gilchrist, 1904 (Pleuronectiformes: Soleidae)". Cybium 29 (4): 315-319. van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. París: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.
Outros artigos
Pleuronectiformes Pleuronectoideos Soleidos Pegusa Pegusa lascaris
Ligazóns externas
Pegusa nasuta na EOL. Con informacións, imaxes e mapas de distribución .
Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1814 Categoría:Produtos da pesca