Faustino Domínguez Coumes-Gay, nado na Coruña o 31 de agosto de 1845 e finado na mesma cidade o 17 de xullo de 1900 foi un arquitecto galego.

Traxectoria Fillo do arquitecto Faustino Domínguez Domínguez e de María Luisa Coumes-Gay, en 1861 ingresou na escola de Arquitectura de Madrid, obtendo o título de arquitecto en 1867. Entre 1868 e 1870 foi arquitecto municipal de Ferrol, antes de volver a Madrid. Casou na Coruña con Sabina de la Cámara Bayou.

En 1879 volveu definitivamente a Galicia, ocupando o posto de arquitecto municipal de Compostela (1879-1887) e provincial da Coruña. En 1890 substituíu o seu pai como presidente da Real Academia Galega de Belas Artes.

Obras A súa obra responde aos estilos historicista e ecléctico. Destacan o instituto e as Escolas da Guarda (1891), a reconstrución do Teatro Rosalía de Castro, as casas de esquina que creou na Coruña, Compostela e Ferrol, e o mercado municipal de Padrón.

Deseñou tamén a fachada que durante cen anos se empregou nos fogos do Apóstolo e a igrexa de Santo André da Coruña (1890), considerado o mellor templo neorrománico de Galicia.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Artistas Galegos: arquitectos (III Da Ilustración ao Eclecticismo). Nova Galicia Edicións, Vigo, 2010. ISBN 978-84-96070-82-0.

Categoría:Arquitectos de Galicia do século XIX Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1845 Categoría:Finados en 1900