Antonio Pedreira Andrade, nado na Coruña en 1949 e finado en Madrid o 11 de agosto de 2015, foi un maxistrado español, especialmente coñecido por exercer como instrutor do chamado Caso GürtelMorre Antonio Pedreira, o xuíz do caso Gürtel..
Traxectoria Foi o fillo primoxénito de Antonio Pedreira Ríos, avogado e concelleiro na Coruña nos tempos en que Alfonso Molina era alcalde da cidadeA antítese de Garzón Faro de Vigo, 21 de xuño de 2009. A familia do pai era orixinaria de Cerceda.
Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou. Traballou como letrado do concello de Madrid no Instituto de Previsión, antecesor do Instituto Nacional de Seguridade Social, e foi xefe dos servizos legais do concello madrileño. Como docente, foi durante 15 anos profesor titular de Dereito Civil na UNED.
En 1989 foi nomeado maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, posto no que acadou sona ao ser o instrutor do caso Gürtel, un expediente de corrupción política que afectou a dirixentes do Partido Popular. O caso fora iniciado por Baltasar Garzón, naquela altura xuíz da Audiencia Nacional, e Pedreira recibiu o expediente en 2008 ao estaren implicados tres deputados autonómicos do Partido Popular na Asemblea de Madrid. Permaneceu como xuíz instrutor durante tres anos, ata o verán de 2011, cando solicitou a súa inhibición para que a causa regresase á Audiencia Nacional, onde se encargou de continuar a instrución o maxistrado Pablo Ruz. Pouco despois, e no medio de conflitos profesionais con outros maxistrados polo control dos casos de corrupción en MadridEl presidente del Tribunal de Madrid expedienta al juez que instruyó Gürtel, ''El País, 2/4/2012., en 2012 sufriu un accidente cerebral que fixo que fose hospitalizado de forma irreversible durante tres anos.
Foi membro do Comité Científico da Asociación Española de Dereito Sanitario. Foi presidente da Asociación Parkinson Madrid desde xullo de 2009 até o seu falecemento.
Vida persoal Casado e con dous fillos, fóralle diagnosticada a enfermidade de Parkinson en 1989O maxistrado Antonio Pedreira Andrade, novo presidente da Asociación Parkinson Madrid (3 de xullo de 2009)..
Notas
Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1949 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes