miniatura|dereita|250px|Chalcides striatus, o esgonzo común galego. Os escíncidos (Scincidae), tamén chamados esgonzos,Pedro Galán Regalado, Gustavo Fernández Arias. Anfibios e réptiles de Galicia. Colección Montes e Fontes. Edicións Xerais de Galicia S.A. 1993. Páxina 349. ISBN 84-7507-722-6. (Cómpre sinalar que a palabra esgonzo non está incluída no DRAG -en agosto de 2015-). son unha familia de lagartos da infraorde Scincomorpha dos que hai descritas máis de 1.500 especies, polo que son unha das familias máis diversas de lagartos. En Galicia só viven dúas especies de escíncidos, que son o esgonzo común e o esgonzo ibérico.

Descrición Os escíncidos teñen xeralmente o aspecto típico dos lagartos, aínda que a maioría das especies non teñen un pescozo pronunciado e as súas patas son relativamente pequenas, e nalgúns casos bastante pequenas (como ocorre coas especies galegas), ou pode que lles falten as patas dianteiras e mesmo hai varios xéneros (por exemplo Typhlosaurus) que non teñen patas en absoluto. Tamén é frecuente que teñan o número de dedos reducido; por exemplo o esgonzo común galego só ten tres dedos. Nas especies con patas moi reducidas a súa forma de moverse lembra á das serpes. Como regra xeral, canto máis longos son os dedos máis arbórea é a especie. Pode usarse unha proporción biolóxica para determinar o nicho ecolóxico dunha determinada especie, que está baseada na lonxitude da man anterior na articulación dos ósos ulna/radio-carpal ata o dedo máis longo dividida pola lonxitude fociño-cloaca.Schnirel, Brian (2004) SENI biometric analysis on the extinct Scincidae species: Macroscincus coctei. Polyphemos, Volume 1, Issue 2, May, Florence, South Carolina, U.S.A. pp. 12-22.

Moitas especies de escíncidos teñen rabos longos que van diminuíndo de diámetro cara ao extremo, dos que se poden desfacer se os perseguen os depredadores, e que xeralmente poden rexenerar, aínda que imperfectamente. As especies con rabos gordechos non teñen esas capacidades rexenerativas.

Algunhas especies son bastante pequenas; Scincella lateralis mide só de 7,5 a 14,5 cm, e máis da metade da lonxitude corresponde ao rabo. A maioría dos escíncidos, son de tamaño medio, con lonxitudes do fociño á cloaca duns 12 cm, aínda que tamén hai algúns máis grandes; o maior dos escíncidos existentes é Corucia zebrata, que vive nas illas Salomón e chega aos 35 cm do fociño á cloaca.

Os escíncidos do xénero Prasinohaema teñen a particularidade de ter sangue de cor verde, porque acumulan nela biliverdina.

Historia Os fósiles mostran que os escíncidos en conxunto son un grupo bastante vello de lagartos. Lagartos parecidos aos modernos escíncidos (do grupo principal de lagartos, os Scincomorpha) apareceron segundo o rexistro fósil hai uns 140 millóns de anos, durante o inicio do Cretáceo, dos cales se conservan principalmente mandíbulas con características que lembran as dos escíncidos. Pero estes espécimes poderían non ser escíncidos propiamente ditos, e algúns autores indicaron que poderían ser máis ben doutros grupos, como do grupo dos lagartos armadillo ou cordílidos. Máis tarde, aparecen definitivamente fósiles claramente de escíncidos no Mioceno.Scientific American — Skinks, Skinks, Skinks

A palabra Scincidae ten que ver coa raíz do grego antigo skinkos, que era o nome que se lle daba a varios lagartos da rexión grega.

Dieta Son xeralmente carnívoros e basicamente insectívoros. As súas presas típicas son moscas, grilos, saltóns, escaravellos, e eirugas. Varias especies comen tamén miñocas, cempés, caracois, lesmas, isópodos, e mesmo outros lagartos e roedores. Algunhas especies, principalmente as utilizadas como mascotas, teñen dietas máis variadas e poden manterse cunha dieta cun 60% de alimentos vexetais e un 40% de alimentos animais (insectos e roedores).

Comportamento Un trazo que teñen case todas as especies de escíncidos é escavar e meterse baixo terra. A maioría pasan a maior parte do tempo baixo terra, onde están máis a salvo dos depredadores, e ás veces mesmo escavan túneles de certa lonxitude para o seu fácil desprazamento. Tamén utilizan a súa lingua para cheirar o aire e rastrexar as presas. Cando encontran unha presa, acurrálana nun recuncho ou bótanse sobre ela para mordela e despois trágana enteira.

Hábitat miniatura|Trachylepis maculilabris apareandose. miniatura|dereita|Escíncido australiano. miniatura|Escíncido indio.

A familia ten unha distribución cosmopolita; e as especies viven en diversos hábitats por todo o mundo, excepto en ecosistemas boreais ou polares. Varias especies viven en ecosistemas que van desde desertos e montañas a praderías.

Moitas especies son boas escavadoras. Hai máis especies terrestres ou fosoriais (viven baixo terra) que arbóreas ou acuáticas. Algunhas dise que "nadan na area" pola forma de moverse nos desertos ou zonas areentas onde viven, como o Plestiodon egregius ou o Neoseps reynoldsi de Florida. Algúns usan un tipo de desprazamento moi similar sobre a herba. A maioría dos escíncidos son diúrnos e toman o sol sobre rochas ou troncos durante o día.

Reprodución Un 45% das especies de escíncidos paren as crías. Moitos son ovovivíparos (incuban os ovos internamente e paren as cría, que se alimentan do ovo). As especies galegas so ovovivíparas. Algúns escñincidos mesmo desenvolven unha especie de placenta coa que se alimentan as crías (mamotrofia vivípara), como os dos xéneros Tiliqua e Corucia. Un exemplo recententemente estudado en Trachylepis ivensi é o caso máis extremo ata agora, xa que ten unha placenta comparable en estrutura e función coa placenta dos euterios (estrutura análoga). O resto das especies son ovíparas.

Os escícnidos buscan normalmente sitios abrigados dos elementos para facer os niños. Son territoriais e a miúdo están de garda na zona onde teñen o niño.

Predadores Os mapaches, raposos, sarigüeias, serpes, coatís, corvos, gatos, cans, garzas, falcóns, outros lagartos, e outros pequenos depredadores terrestres depredan os escíncidos. O longo período de xestación dalgúns escíncidos, como é o caso do escíncido caribeño Spondylurus powelli, pode facelos unha presa fácil de predadores introducidos como as mangostas, que ameazan con extinguilos.

Xéneros Moitos xéneros grandes, como por exemplo Mabuya aínda están insuficientemente estudados e a súa sistemática é discutida. Mabuya en particular está sendo dividido, e moitas das súas especies están sendo situadas en novos xéneros como Trachylepis, Chioninia, e Eutropis. Ablepharus (sete especies) Acontias Acontophiops (monotípico) Adrasteia Afroablepharus (catro especies) Alinea Allengreers Amphiglossus (37 especies) Androngo (unha especie) Anomalopus (oito especies) Apterygodon Aspronema Asymblepharus Ateuchosaurus Barkudia Bartleia Bassiana Brachymeles (16 spp.) Brasiliscincus Caledoniscincus (11 spp.) Calyptotis (cinco especies) Capitellum Carlia (41 spp.) Cautula Celatiscincus Chabanaudia Chalcides Chalcidoseps Coeranoscincus Cophoscincopus Corucia Cryptoblepharus Cryptoscincus Ctenotus Cyclodina Cyclodomorphus Dasia Davewakeum Egernia Emoia Eremiascincus Eroticoscincus Eugongylus Eulamprus Eumeces Eumecia Eurylepis Eutropis Exila Feylinia Fojia Geomyersia Geoscincus Glaphyromorphus Gnypetoscincus Gongylomorphus Gongylus Graciliscincus Haackgreerius Hakaria Helioscincus Hemiergis Hemisphaeriodon Isopachys Janetaescincus Kanakysaurus Lacertaspis Lacertoides Lacertus Lamprolepis Lampropholis Lankascincus Larutia Leiolopisma Lepidothyris Leptoseps Leptosiaphos Lerista Lioscincus Lipinia Lobulia Lubuya Lygisaurus Lygosoma Mabuya Macroscincus Maniciola Maracaiba Marisora Marmorosphax Melanoseps Menetia Mesoscincus Mochlus Morethia Nangura Nannoscincus Ndurascincus Neoseps Nessia Niveoscincus Notomabuya Notoscincus Novoeumeces Oligosoma Ophiomorus Ophioscincus Orosaura Pamelaescincus Panaspis Panopa Papuascincus Parachalcides Paracontias Paralipinia Parvoscincus Phoboscincus Plestiodon Prasinohaema Proablepharus Proscelotes Pseudoacontias Pseudemoia Psychosaura Pygomeles Riopa Ristella Saiphos Saproscincus Scelotes Scincella Scincopus Scincus Scolecoseps Sepsina Sigaloseps Simiscincus Sirenoscincus Sphenomorphus (probablemente parafilético) Sphenops Spondylurus Tachygia Techmarscincus Tiliqua Trachylepis Tribolonotus Tropidophorus Tropidoscincus Typhlacontias Typhlosaurus Varzea Vietnascincus Voeltzkowia

Notas

De Vosjoli, Philippe (1993) Prehensile-Tailed Skinks. Advanced Vivarium Systems. ISBN 1-882770-24-2 Hedges, S. Blair e Caitlin E. Conn. 2012. A new skink fauna from Caribbean islands (Squamata, Mabuyidae, Mabuyinae). Zootaxa 3288.

Véxase tamén Ligazóns externas

Scincidae en The Reptile Database Galería de imaxes e información Escíncidos de Australia , KingSnake.com

Categoría:Réptiles