Santa María de Frades, do latín Fratres "irmáns", seguramente monxes dunha congregación relixiosa, é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 a súa poboación era de 180 persoas (95 mulleres e 85 homes), distribuídos en 7 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 305 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 172 persoas.
Patrimonio Igrexa de Santa María de Frades, é románica do século XII. Consta dunha ampla nave dividida en tres tramos por tres pares de columnas que serven de apoio aos arcos de directriz apuntada sobre os que se atopa a bóveda. Cruceiro da igrexa de Frades.
Festas A romaría dos milagres de Requián celébrase o 28 de agosto en Requián. Hai misas pola mañá e pola tarde, e procesión da Virxe.
Lugares e parroquias Lugares de Frades
Parroquias da Estrada
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares da Estrada
Categoría:Parroquias da Estrada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María