Paul Millsap, nado o 10 de febreiro de 1985 en Hanford, Luisiana, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga como ala-pivote nos Philadelphia 76ers da National Basketball Association (NBA). Formado na Universidade de Louisiana Tech, foi seleccionado no Draft da NBA de 2006 polos Utah Jazz no posto 47, permanecendo no equipo de Salt Lake City até 2013, cando asina polo Hawks. Dúas veces All-Star da NBA, é o único xogador da historia en ser o máximo reboteador da NCAA (liga universitaria de baloncesto estadounidense) en tres anos consecutivos.

Traxectoria Universidade Millsap asistiu á Universidade de Louisiana Tech, onde pasou tres campañas cunha media de 18,6 puntos, 12,7 rebotes, 1,99 tapóns e 1,32 roubos de balón en 92 partidos. Converteuse no único xogador na historia da NCAA en liderar a nación en rebotes en tres campañas consecutivas, e no quinto en gañar títulos de máximo reboteador en tempadas seguidas. Bateu case todas as marcas de rebotes, sendo tamén o único xogador en liderar en rebotes no seu ano freshman e sophomore.

Finalizou o seu periplo universitario sétimo en anotación en toda a historia de Louisiana Tech, con 1.701 puntos, e segundo en rebotes con 1.172, ademais de conseguir 67 dobres-dobres na súa carreira. Nos seus anos sophomore e júnior foi elixido no mellor quinteto da Western Athletic Conference e como freshman, no segundo. Foi nomeado o Freshman do Ano da súa conferencia tras asinar 15,6 puntos e 12,5 rebotes en 35,1 minutos en 30 partidos (29 de titular).

NBA Foi seleccionado por Utah Jazz na 47ª posición da segunda rolda do Draft da NBA de 2006, sorprendendo pola súa elección tan baixa. A finais de 2006, varios analístas deportivos colocaban a Millsap como candidato ao Rookie do Ano. Sorprendeu a todos polo seu gran ano rookie, demostrando ser un auténtico "roubo de draft". Conseguiu 6 dobres-dobres, e fixo unha media de 6,8 puntos, 5,2 rebotes, 0,9 tapóns e un 52,5% en tiros de campo (17º mellor na NBA) en 82 partidos. O seu tempo en cancha incrementouse tras a lesión de Carlos Boozer, aínda que só disputou un partido como titular en toda a tempada. Foi seleccionado no segundo mellor quinteto de rookies da NBA da temporada .

No verán de 2013, asinou un contrato cos Atlanta Hawks por dúas tempadas. Nos Hawks converteuse nun dos xogadores máis importantes da franquía, sendo mesmo convocado en dúas ocasións consecutivas para xogar o All-Star en e .

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados na parroquia de Ouachita, Luisiana Categoría:Nados en 1985 Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets