miniatura|A Cruz Vermella de Vigo aos soldados repatriados de Cuba e Filipinas, 1898. A Vigo chegaron 153 deles mortos. O cemiterio de Pereiró, de titularidade municipal, é un camposanto do lugar de Pereiró, na parroquia viguesa de Castrelos, deseñado por Jenaro de la Fuente Domínguez, inaugurado en marzo de 1898, sendo alcalde Antonio López de Neira e bispo Valeriano Menéndez Conde y Álvarez, que recibiron as chaves do recinto.

Historia

A historia do cemiterio vai parella á prosperidade de finais do século XIX da cidade de Vigo. A poboación aumentou, e os defuntos tamén. Ó quedar insuficientes os dous cemiterios que había daquela (Picacho e Santiago), a Corporación Municipal deu inicio a un cemiterio novo e máis hixiénico no ano 1889. Optouse polo lugar de Pereiró. Gastando 38.604 pesetas nas expropiacións de 121 terreos e 100.000 na construción, fíxose un camposanto de 62.500 m², rodeado dun muro de pedra de tres metros e medio de altura, con dous grandes paseos centrais e oito corredores, dividido en 16 cadrados para panteóns, sepulturas ordinarias, foxa común e cemiterio civil, con arboredo separándoos. José Elduayen foi o seu principal impulsor e quen financiou a capela, adicada á Virxe das Dores, onde están inhumados o propio Elduayen, que finou no mesmo ano da inauguración, e a súa familia.

Fusilamentos de 1936 miniatura|Tumba ós asasinados durante a Guerra Civil. Tralo Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o 27 de agosto, foron fusilados no cemiterio o alcalde de Vigo, Emilio Martínez Garrido, o alcalde do Concello de Lavadores, José Antela, Ramón González Brunet, Ubaldo Gil Santóstegui, Manuel Rey Gómez, Apolinar Torres e os deputados socialistas Ignacio Seoane, Enrique Heraclio Botana e Antonio Bilbatúa Zubeldía.«"Lo más selecto" de Vigo en 1936», El País, 28 de agosto de 2008.Sentenza, páx. 99-100 en Claridade. Revista da Fundación Luís Tilve. Setembro de 2007

Persoeiros inhumados miniatura|Panteón de Jenaro de la Fuente Domínguez e Jenaro de la Fuente Álvarez. Concepción Arenal (1820–1893), escritora e penalista.Foi inhumada no Cemiterio de Picacho. Os seus restos foron trasladados en 1912 a Pereiró: Vida Gallega, Ano IV Número 38 - 1912 abril Xela Arias (1962–2003), poeta e tradutora. Eduardo Cabello (1865-1957), enxeñeiro, deseñou o Porto de Vigo. José Cao Moure (1880-1960), coñecido como P.P.K.O, impresor e escritor galego. Placeres Castellanos (1896-1971), mestra, enfermeira, xornalista e guerrilleira. Irene de Ceballos (1849-1935), viúva de Policarpo Sanz, o IES Santa Irene leva o seu nome. Cesáreo Corbal (1885-1952), médico. José R. Curbera Puig (?–1919), empresario conserveiro José R. Curbera Fernández (1870–1937), empresario conserveiro, fillo do anterior. Estanislao Durán Gómez (1906–?), empresario e alcalde. José Elduayen (1823–1898), ministro. Isaac Fraga (1888–1982), produtor e empresario cinematográfico. Jenaro de la Fuente Domínguez (1851–1922), arquitecto. Jenaro de la Fuente Álvarez (1891–1963), arquitecto, fillo do anterior. Xosé García Barbón (1831–1909), empresario e filántropo. Xosé Gil y Gil (1870–1937), fotógrafo e cineasta. Manuel Gómez Román (1875–1964), arquitecto. Cesáreo González (1903–1968), distribuidor e produtor cinematográfico. Bernardo González del Valle "Cachamuíña" (1771–1848), heroe da Reconquista.Os restos foron trasladados do Pereiro de Aguiar a Pereiró o 9 de agosto de 1932. Eduardo Iglesias Añino (1850-1916), alcalde de Vigo. Eladio de Lema Martín (1853-1928), político, herdeiro do xornal Faro de Vigo. Manuel Lustres Rivas (1888–1936), xornalista e escritor. Familia Massó, empresarios conserveiros. Ricardo Mella (1861–1925), anarquista. Mercedes Núñez (1911-1986), militante antifascista, loitadora polas liberdades civís. Carlos Oroza (1923-2015), poeta. Ramiro Paredes Ramos (?–1958), xogador do Celta. Quinocho (1932–1988), xogador e xerente do Celta. Ventura Requejo (1892-1939), debuxante e caricaturista. Wenceslao Requejo (1866-1947), director da Escola de Artes e Oficios e membro da RAG. Antonio Sanjurjo Badía (1837-1922), industrial e inventor. Policarpo Sanz (1841-1889), industrial e mecenas galego. Irmáns Sarabia González (s. XX), fotógrafos. Nicolás Taboada Leal (1798–1883), médico, cronista oficial da cidade.Galicia, Traslado de restos, ABC, 7 de novembro de 1924 . Norberto Velázquez Moreno (1768–1852), empresario e comerciante.

Arte funeraria No cemiterio hai varias obras do escultor Francisco Asorey González.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas PXOM. Catálogo de parques e xardíns pp. 17–18. Guía editada polo concello de Vigo (2013).

Categoría:Arquitectura civil en Vigo Pereiro