O San Xoaniño de Úbeda é unha escultura de mármore de 140 x 40 x 43 cm realizada por Michelangelo entre 1495 e 1496 para Lourenzo de Pierfrancesco de Medici.San Juanito de Miguel Ángel, Museo do Prado, exposicións, abril, 2015.

Atopábase xunto ao retablo maior da Sacra Capela do Salvador de Úbeda (Xaén), onde foi destruída a causa dun ataque iconoclasta en xullo de 1936, a comezos da Guerra Civil Española. Os catorce fragmentos conservados -aproximadamente un 40% da obra orixinal- foron custodiados na devandita capela até o inicio da súa restauración en 1995. A restauración da peza concluíu en 2013, e estivo exposta en diversas galerías italianas até a súa eventual volta a Úbeda, pasando pola súa exhibición no Museo do Prado de Madrid en 2015.

Referencias

Categoría:Esculturas de Michelangelo