miniatura|dereita|Amplexo de A. limosus. Atelopus limosus é unha especie de sapo da familia Bufonidae endémica de Panamá, onde lle dan o nome de sapo Limosa. Os seus hábitats naturais son as beiras de regatos en bosques de terras baixas húmidas e ríos da cunca do Chagres, na rexión central de Panamá. É un dos sapos máis pequenos do mundo; os machos miden de 26 a 30 mm e as femias de 36 a 40 mm.

Descrición A. limosus ten dúas formas de coloración. Unha forma de cor das terras baixas, que é marrón cun fociño e puntas dos dedos amarelos, e outra forma de cor das terras altas, que é verde con marcas negras con forma de V invertido no dorso. Machos e femias de ambas as formas de cor son dimórficas sexualmente. Os machos son máis pequenos con ventre branco salpicado de manchas negras, mentres que as femias tenden a ter unha barriga vermella ou alaranxada.

Sábese pouco da súa dieta na natureza, pero crese que e similar á doutras especies de Atelopus que se aimentan de escaravellos, formigas, moscas e ácaros.P Durant, JW Dole (1974) Food of Atelopus oxyrhynchus (Anura: Atelopodidae) in a Venezuelan cloud forest Herpetologica 30:183-187 En catividade, as ras aceptan rapidamente grandes moscas da froita, pequenas larvas de vermes e pequenos grilos.

Conservación miniatura|Femia das terras baixas sobre un tronco, que busca compañeiro. A. limosus está ameazado pola quitridiomicose (infección fúnxica) e a perda de hábitat. A especie declinou rapidamente na súa área de distribución. Aproximadamente o 75% de todas as especies coñecidas de terras altas de máis de 1000 m de altura xa desapareceron, mentres que o 58% das especies de terras baixas están declinando e o 38% desapareceron.La Marca, E.; Lips, K. R.; Lotters, S.; Puschendorf, R.; Ibanez, R.; Rueda-Almonacid, J. V.; Schulte, R.; Marty, C.; Castro, F.; Manzanilla-Puppo, J.; Garcia-Perez, J. E.; Bolanos, F.; Chaves, G.; Pounds, J. A.; Toral, E.; Young, B. E. (2005). "Catastrophic population declines and extinctions in Neotropical harlequin frogs (Bufonidae: Atelopus)". Biotropica 37 (2): 190–201. doi 10.1111/j.1744-7429.2005.00026.x. Debido á preocupación polos efectos da quitridiomicose sobre este anfibio panameño endémico, o Proxecto de Rescate e Conservación de Anfibios Panameño considerou a A. limosus como unha especie prioritaria para manter individuos en catividade como colonia segura no Parque Municipal do Cumio da cidade de Panamá. Cando o equipo de rescate chegou a un dos últimos sitios nas terras altas onde se sabía que vivía a especie en Cerro Brewster atopou que a maioría dos individuos estaban xa afectados pola quitridiomicose. O programa de cría en catividade foi exitoso. Aínda que a rexión de terras altas parece que foi duramente afectada pola quitridiomicose, o destino das poboacións das teras baixas é máis indeterminado, xa que este fungo parasito parece ter efectos máis acusados nos lugares de terras altas.

Galería

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Anuros Categoría:Animais descritos en 1995 Categoría:Anfibios de Panamá Categoría:Fauna endémica de Panamá