San Lourenzo de Ouzande é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2009 tiña 361 habitantes (182 mulleres e 179 homes), distribuídos en 6 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 521 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 223 persoas.

Xeografía A parroquia de Ouzande limita ao norte coa Estrada, ao sur coa Somoza, ao leste con Guimarei e, ao oeste, con Arcos de Furcos (Cuntis) e A Somoza.

Patrimonio Igrexa de San Lourenzo de Ouzande, construída no século XII, a nave foi reedificada en 1781 desaparecendo a portada románica e a traza inicial desta parte da igrexa. Conserva do románico a ábsida semicircular cunha variada colección de canzorros. No testeiro da nave destaca sobre a ábsida outra fiestra en saeta e enriba como antefixa un Agnus Dei cunha cruz de oito puntas sobre o lombo.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Ouzande

Parroquias da Estrada

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lugares da Estrada

Categoría:Parroquias da Estrada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Lourenzo