Un burka por amor é un telefilme español baseado na novela homónima de Reyes Monforte. Foi estreado por Antena 3 o 24 de novembro de 2009.
Sinopse Historia de María, unha moza española que se namora de Rashid, un home afgán que coñece no traballo e co que acabará vivindo en Afganistán, onde terán un primeiro fillo. Ela decide volver a Mallorca para que o seu pai coñeza o seu neto. O marido de María decide volver a Afganistán, onde estoura a guerra, polo que esta tamén o acompaña e acabarán atrapados nun país que vive baixo o réxime talibán, no que ademais María terá un segundo fillo. Coa axuda da súa irmá Rosi e dos servizos de intelixencia españois, María consegue fuxir do perigo cos seus fillos, mais non pode deixar de pensar no seu home e fará todo o posible porque estean xuntos.
Personaxes Olivia Molina como María Rafa Rojas como Rashid Pepe Sancho como o pai de María Anna Allen como Rosi Isabel Ampudia como Montse
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Manuel Estudillo