Saponaria é un xénero de herbas perennes pertencentes á familia Caryophyllaceae, nativo do sur de Europa e suroeste de Asia. Comprende 128 especies descritas e destas, só 14 aceptadas. en PlantList Estas herbas coñécense comunmente como xaboeiras, albitornos, herbas das ferreñas, herbas xaboeiras, e saponarias. Descrición Acadan unha altura de entre 10 e 60 cm, con follas opostas de 1 a 6 cm de lonxitude. As flores prodúcense en agrupacións sobre os talos de 4 a 25 mm de diámetro, con cinco pétalos brancos, amarelos, rosas ou púrpura pálido.

O xénero está estreitamente ligado cos xenereos Lychnis e Silene, distinguíndose destes por ter só dous estilos nas flores, en lugar de tres ou cinco.

Ecoloxía Especies de Saponaria son o alimento das larvas dalgunhas especies de lepidópteros, incluíndo a couza, Hadena bicruris e Coleophora saponariella (que come exclusivamente de Saponaria spp).

Taxonomía O xénero foi descrito por Carl Linnaeus e publicado en Species Plantarum 1: 408. 1753. A especie tipo é: Saponaria officinalis Gilli. Etimoloxía Saponaria: nome xenérico que deriva do latín sapo = (xabón), en alusión ás propiedades que teñen as raíces en contacto coa auga.

Especies aceptadas A continuación dáse unha listaxe das especies do xénero aceptadas até outubro de 2013, ordenadas alfabeticamente. Especies aceptadas:Saponaria. GRIN.

Saponaria bargylianaMutlu, B. (2006). Saponaria bargyliana Gombault (Caryophyllaceae): a new record for Turkey and analysis of its morphological characters with related species. Turk. J. Bot 30, 63-70. Saponaria bellidifolia Saponaria caespitosa Saponaria calabrica Saponaria karapinarensisVural, M., et al. (2006). Saponaria karapinarensis, Senecio salsuginea and Centaurea tuzgoluensis, three new species from central Anatolia, Turkey. Belgian Journal of Botany 139(2), 252-60. Saponaria kotschyiAtaslar, E. (2004). Morphological and anatomical investigations on the Saponaria kotschyi Boiss.(Caryophyllaceae). Turk. J. Bot 28, 193-99. Saponaria lutea Saponaria ocymoides Saponaria officinalis Saponaria pamphylicaÇinbilgel, İ., et al. (2007). Morphological and anatomical study on endemic Saponaria pamphylica Boiss. & Heldr.(Carypohyllaceae). J. Appl. Biol. Sci 1, 19-25. Saponaria pumilaTribsch, A., et al. (2002). Saponaria pumila (Caryophyllaceae) and the ice age in the European Alps. American Journal of Botany 89(12), 2024-33. Saponaria pumilio Saponaria sicula Saponaria suffruticosaDönmez, A. A. (2009). Saponaria suffruticosa (Caryophyllaceae): An enigmatic species from south-west Asia on border of Turkey and Iraq. Hacettepe J Biol 37(3) 181-87. Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén