Rui Miguel Marcelino Tavares Pereira, nado en Lisboa o 29 de xullo de 1972, é un escritor, historiador e político portugués.
Traxectoria Licenciado en Historia e Historia da arte, é especialista en historia e cultura do século XVIII. Colaborador habitual do xornal Público, a revista Blitz e a canle de televisión SIC Notícias. Elixido en 2009 deputado no Parlamento Europeo como independente integrado na lista do Bloco de Esquerda, en 2011 abandonou a delegación do BE no Parlamento Europeo, con duras acusacións contra o líder da formación Francisco Louçã. Foi o redactor do relatorio sobre a situación dos dereitos fundamentais en Hungría logo da aprobación nese país da Lei Fundamental de 2011, e que a Comisión considerara que vulneraba dereitos e liberdades, restrinxía os poderes lexislativo e xudicial en beneficio do poder executivo e menosprezaba o Tribunal Constitucional, e que o Parlamento Europeo aprobóu no fundamental o 3 de xullo de 2013. Tavares foi en 2014 un dos fundadores do partido político Livre.
Nas eleccións lexislativas portuguesas de xaneiro de 2022, Tavares encabezou a candidatura do Livre polo distrito de Lisboa: con algo máis do 2% dos votos obtivo un escano, o único desa forza política.
Obras O Arquitecto (teatro) O Fiasco do Milénio (crónicas) O Pequeno Libro do Grande Terremoto (historia) Pobre e Mal Agradecido O Regicídio A Ironia do Projecto Europeu
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Nota biográfica en Edições Tinta da China
Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Historiadores de Portugal Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Europarlamentarios de Portugal Categoría:Alumnos da Universidade de Lisboa Categoría:Alumnos da Universidade Nova de Lisboa Categoría:Deputados de Portugal