Os paraceraterios (Paraceratherium, do grego "besta case cornuda") é un xénero extinto de mamíferos perisodáctilos, suborde Ceratomorpha da familia Hyracodontidae. Describíronse cinco especies diferentes, pero tanto as relacións entre ditas especies como as relacións a nivel de xénero xeraron unha controversia que aínda dura un século despois deodescubrimento dos primeiros fósiles.
Foron os meirandes mamíferos terrestres de tódolos tempos, cunha altura de cinco metros e medio na cruz e de sete metros e medio na testa, e oito metros de lonxitude (sen contar a cola). As estimacións do peso dos paraceraterios varían, mais oscilan arredor das quince toneladas. Os paraceraterios, ó ser ceratomorfos, están relacionados cos rinocerontes actuais. Porén, a diferenza do rinoceronte branco, alimentábanse arrincando as follas das árbores. Tampouco tiñan cornos.Indricotherium: artigo na Encyclopædia Britannica Os animais deste xénero apareceron en Asia central durante a primeira metade do período Oligoceno, hai aproximadamente trinta millóns de anos, e extinguíronse a mediados do período Mioceno, hai 16,6 millóns de anos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Vídeo de Paraceratherium no terceiro episodio de Walking with Beasts Paraceratherium transouralicum en BBC Science & Nature Baluchitherium: The Beast of Balochistan Indricothere Q & A
Categoría:Perisodáctilos