El Restaurador foi un periódico editado en Pontevedra entre 1855 e 1857.
Historia e características Subtitulado Periódico político y literario e Periódico científico y literario, apareceu en 1855. Periódico bisemanal, defendía a política do Partido Moderado. Entre os seus redactores figuraron Carlos Somoza e Antolín Esperón. Cesou a súa publicación o 19 de abril de 1857.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1855 en Galicia