Icía é un nome propio feminino galego. A súa orixe é o latín Caecilia, que se considera un derivado do adxectivo tamén latino caecus 'cego'. A Gens Cecilia era unha das grandes familias da República Romana. En galego tamén ten as variantes Cecilia, Cilla e Cecía, e os hipocorísticos Cía e Sía.

En xaneiro de 2023 existían 675 mulleres en Galicia co nome Icía, cunha media de idade de 11,6 anos,Nome Icía na Web do Instituto Galego de Estatística 1.139 co nome Cecilia, cunha media de idade de 41,8 anosNome Cecilia na Web do Instituto Galego de Estatística 31 co nome Sía, cunha media de idade de 3,6 anosNome Sía na Web do Instituto Galego de Estatística e 7 co nome Cecía, cunha media de idade de 24,9 anos.Nome Cecía na Web do Instituto Galego de Estatística Non hai persoas rexistradas coa variante Cilla.

Historia do nome O nome está moi relacionado cos nomes Celia (variantes: Celeste, Celestina, Celina e Celsa) provenientes tamén do latín e co significado: pertencente ao ceo.

Non é un nome moi común en Galicia, pero si en Asturias. Santa Cecilia, Cilla ou Sía é padroa de catro parroquias en Galicia: Freán, O Saviñao; Santa Icía de Trasancos, Ferrol; Santa Cilla do Valadouro, Foz e Santa Sía de Roma, Zas. Como curiosidade, a variante galega Cilla tamén é usada en Suecia e Holanda.

Santoral Santa Icía (en latín, sancta Caecilia), santa padroa dos músicos, foi unha nobre romana convertida ao cristianismo e martirizada pola súa fe entre os anos 180 e 230.

A principal festa de Santa Icía celébrase o 22 de novembro.

Santas 11 de febreiro: Santa Icía de África. 16 de abril: Santa Icía, mártir. 17 de agosto: Santa Icía, abadesa. 22 de novembro: Santa Icía de Roma, mártir. 26 de decembro: Santa Icía Yu So-Sa, mártir.

Beatas 12 de agosto: Beata Cecilia, abadesa. 26 de decembro: Beata Cecilia Butsi, mártir.

Variantes noutras linguas

Lingua alemá: Cecilia, Cäcilia, Cäcilie, Caecilia, Zilla, Silke Lingua aragonesa: CiliaEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Lingua asturiana: Cecía Lingua castelá: Cecilia, Celia Lingua catalá: Cecília Lingua checa: Cecílie, Cecilie Lingua chinesa: 西西莉亞 Lingua croata: Cecilija Lingua dinamarquesa: Cecilie, Cille, Sidsel, Sissel, Sille, Silje Lingua escocesa: Sìleas Lingua eslovaca: Cecília Lingua eslovena: Cecilija, Cila, Cilika, Cilka Esperanto: Cecilia Lingua estoniana: Sille, Silje, Silja Lingua éuscara: Zilia, Zezili, Koikille, Koikile Lingua finesa: Cecilia, Silja Lingua francesa: Cécile Lingua grega:Καικιλία Lingua hawaiana: Kikilia Lingua húngara:C ecília, Cecil (diminutivo de Cecília), Cicelle (arcaico), Cili Lingua indonesia: Sisilia Lingua inglesa: Cecilia, Cecelia, Cecilly, Cecily, Ceil, Ceila, Celia, Celinda, Cicely, Cissy, Sas, Sesilia, Shayla, Sissie, Sissy, Sheelagh (inglés de Irlanda), Sheila (inglés de Irlanda), Shelagh (inglés de Irlanda). Lingua irlandesa: Síle Lingua islandesa: Sesselja, Silja Lingua italiana: Cecilia, Celia Lingua latina: Caecilia Lingua manx: Cissolt Lingua neerlandesa: Cecilia, Cécile, Cilla Lingua norueguesa: Cecilie, Sidsel, Sissel, Silje Lingua polaca: Cecylia Lingua portuguesa: Cecília Lingua romanesa: Cecilia Lingua rusa: Ceciliya, Tsetsiliya Lingua sueca: Cecilia, Cilla, Sissela Lingua turca: Seçil Lingua yiddish:Sisel, Zisel

Algúns persoeiros Galegas Cecilia Tarela Barreiro, Pontecesures, política galega do BNG. Cecilia Vázquez Suárez, Betanzos, avogada e política galega do PPdeG. Outras Cecilia Roth, Buenos Aires, 1958, actriz arxentina. Cecilia Böhl de Faber, Morges (Cantón de Vaud, Suíza), 1796, escritora española. Cecilia Bartoli, Roma, 1966, mezzosoprano coloratura italiana cantante de óperas e recitais.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Cecilia Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega

Categoría:Nomes femininos de orixe latina Categoría:Nomes femininos galegos