A clase Flavobacteriia (antes Flavobacteria) está composta por unha soa orde de bacterias ambientais.Bergey's Manual of Systematic Bacteriology, 2nd ed., vol. 1 (The Archaea and the deeply branching and phototrophic Bacteria) (D.R. Boone and R.W. Castenholz, eds.), Springer-Verlag, New York (2001). pp. 465-466. As Flavobacteriia son un grupo de bacterias comensais e patóxenos oportunistas. Flavobacterium psychrophilum causa enfermidades septicémicas como a síndrome das crías da troita arco da vella e a enfermidade da auga fría bacteriana dos salmónidos. Segundo Bernardet et al., as Flavobacteriia son bacilos aerobios gramnegativos, de 2–5 µm de longo, 0,3–0,5 µm de largo, con extremos arredondados ou cónicos que teñen motilidade por esvaramento, forman colonias amarelas (de cor crema a alanranxada) en ágar, descompoñen varios polisacáridos pero non a celulosa, e os seus contidos G+C son do 32–37 %, e están amplamente distribuídas en hábitats e auga dioce e no solo.
O nome é a miúdo escrito como Flavobacteria, pero oficialmente desde o ano 2012 denomínanse Flavobacteriia.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Elizabethkingia meningoseptica
Ligazóns extrernas NCBI UniProt NamesForLife
Categoría:Bacteroidetes