250px|miniatura|Localización de Tau Ceti, sinalada cun τ, na constelación da Balea.
Tau Ceti (τ Cet, τ Ceti) é unha estrela da constelación de CetusA 19º estrela da constelación. que se asemella espectralmente ó sol, malia que só ten o 78% da masa do sol. A unha distancia de pouco menos de 12 anos luz do sistema solar, é unha estrela relativamente achegada, e é a estrela solitaria máis próxima de tipo G.Alpha Centauri está máis preto, pero forma parte dun sistema triplo. A estrela semella estable, cunha lixeira variación estelar.
Tau Ceti é deficiente do metal, o cal se relaciona acotío cando non hai planetas xigantes e poucos planetas rochosos. As observacións detectaron que hai dez veces máis po que o presente no sistema solar.
Dende decembro de 2012, hai probas de cinco planetas orbitando Tau Ceti, e un deles pode estar potencialmente na zona de habitabilidade. Por mor do disco residual, calquera planeta que orbite Tau Ceti pode padecer máis impactos astronómicos que a Terra. Malia este atranco de habitabilidade, as súas características como análogo solar (semellante ó Sol) fixeron medrar o interese pola estrela. De acordo coa súa estabilidade, semellanza e relativa proximidade ó Sol, Tau Ceti está sempre na lista de obxectivos do proxecto da Search for Extra-Terrestrial Intelligence (SETI), e aparece na literatura de ciencia ficción.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Near Star Catalog Tau Ceti na páxina web de Jim Kaler en STARS Tau Ceti: Life Amidst Catastrophe? en Centauri Dreams
Categoría:Constelación de Cetus