Apolinar Pastor Abal Cobas, nado en 1853 e finado en Pontevedra a principios de outubro de 1932,El Progreso, 5-10-1932, p. 2. foi un mestre e escritor galego. Traxectoria
Deu clase na escola anexa á Escola Normal de Pontevedra. En 1908, cando xa tiña 20 anos de experiencia como docente, aspirou a unha praza de mestre en Luarca.Gaceta de Instrucción Pública y Bellas Artes nº 874, 10 de xuño de 1908. Xubilouse como mestre da escola graduada anexa a Normal en 1923, ao facer 70 anos.El Progreso, 27-11-1923, p. 2.
En 1888 publicou a obra Higiene de la vista en las escuelas, discurso dado o 25 de novembro dese ano na conferencia organizada pola Sociedad Pedagógica de Maestros de Pontevedra, e impresa por Viuda e Hijos de José M. Madrigal.
Vida persoal
Casou en Pontevedra con Laura Paz Rodríguez en 1895,La Tierra Gallega, 5-5-1895, p. 6. e foi pai de Julia Abal Paz. Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Nados en 1853 Categoría:Finados en 1932 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público