A tempada 2015-2016 da División de Honra B foi a 18ª edición da segunda división de rugby en España, tal como foi reestruturada en 1998, cando a Primeira Nacional pasou de ser a segunda división a ser a terceira. Organizada pola Federación Española de Rugby, foi por segundo ano seguido o único nivel intermedio entre a máxima competición nacional, a División de Honra, e as diversas ligas rexionais de cada federación autonómica. Comezou o 19 de setembro de 2015 e rematou o 29 de maio de 2016, resultando campión da categoría o Club de Rugby Ciencias de Sevilla, que acadou o ascenso directo á División de Honra.

Formato A competición conta con 36 equipos participantes, catro deles filiais de clubs que compiten na División de Honra (El Salvador, VRAC, Cisneros e Santboiana). Os 36 equipos están divididos en tres grupos segundo criterios xeográficos, tendo cada grupo 12 equipos.

A liga regular está composta por 22 xornadas, nas que cada equipo xoga contra tódolos rivais do seu grupo dúas veces, unha como anfitrión e outra como visitante. Ó remate da tempada regular levarase a cabo a fase de ascenso, na que terán dereito a competir oito equipos: os dous primeiros equipos de cada grupo e os dous terceiros que teñan máis puntos na liga. A fase de ascenso consiste en eliminatorias directas con encontros de ida e volta (cuartos de final, semifinais e final). O gañador da final será o único equipo que acade o ascenso directo, mentres que o outro equipo finalista aínda terá a oportunidade de ascender nunha eliminatoria de promoción na que se enfrontará ó penúltimo equipo da máxima categoría.

Fase de liga regular Grupo A O grupo A corresponde á zona xeográfica do norte de España, é nel compiten os equipos de Navarra, A Rioxa, País Vasco, Castela e León, Cantabria, Asturias e Galicia, que nesta edición está representada por dous equipos: o Vigo R.C. e o C.R.A.T. A presenza destes dous equipos na División de Honra B estivo en perigo por non ter asinada a Federación Galega de Rugby un seguro médico a tempo, de xeito que os dous equipos tiveron que aprazar os encontros correspondentes ás dúas primeiras xornadas. Nunha situación semellante estivo o Oviedo R.C. que tivo que aprazar o seu primeiro encontro de liga por non ter asinado un seguro médico a tempo.

Grupo B

Grupo C

Fase de ascenso

O resultado da fase de ascenso foi o título de campión da División de Honra B para o Club de Rugby Ciencias de Sevilla, e polo tanto o seu ascenso directo a División de Honra. Como subcampión, o CAU Valencia é o equipo que participará na eliminatoria de promoción fronte ó penúltimo equipo da División de Honra, o Gernika Rugby Taldea.

Véxase tamén Ligazóns externas Calendario da División de Honra B 2015-2016 na páxina web da Federación Española de Rugby Normativa da División de Honra B 2015-2016 na páxina web da Federación Española de Rugby Outros artigos División de Honra de Rugby 2015-2016 Liga Galega de Rugby 2015-16

Categoría:División de Honra B de Rugby Categoría:Rugby en 2015 Categoría:Rugby en 2016