Santiago Auserón, nado en Zaragoza o 25 de xullo de 1954, é un cantante aragonés. Coñecido artisticamente como Juan Perro, é ex vocalista de Radio Futura.

En decembro de 2022 foi Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes do Goberno de España.

Estudou filosofía na Universidade Complutense de Madrid (1972-1977) e no Centre universitaire de Vincennes, Université Paris VIII (1977-1978). Foi vocalista e músico de Radio Futura dende 1980 a 1992.

En 2011, recibiu o Premio Nacional das Músicas Actuais.

Notas

Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Cantantes de Aragón Categoría:Cantautores de Aragón Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade de París VIII Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes