miniatura|250px|Moisés recibindo as Táboas da Lei (pintado por João Zeferino da Costa, 1868) A doutrina católica sobre os dez mandamentos son as ensinanzas oficiais que a Igrexa Católica recolle no seu catecismo sobre os mandamentos que figuran no Éxodo 20:1-17 e no Deuteronomio 5:2-21. O catolicismo ensina que os mandamentos son esenciais para mellorar no eido persoal e achegarse a Deus. Neste senso «non son limitacións á liberdade» senón «sinais de liberdade que conforman unha lei de amor», segundo o papa Francisco. Para a Igrexa, os mandamentos tamén forman a base da xustiza social. Revisar os Mandamentos é un dos tipos máis comúns de exame de consciencia empregado polos católicos antes de recibir o sacramento da penitencia.
Notas
Categoría:Catolicismo Categoría:Teoloxía