San Cristovo de Camposancos é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 92 habitantes (52 mulleres e 40 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 117 habitantes.
Historia Na Goleta celebrábase unha feira os 10 de cada mes.
Patrimonio A igrexa de San Cristovo de Camposancos é de estilo románico rural. Ten unha ábsida semicircular e unha singular estrutura do seu arco interior, apoiado en piares saíntes e non en columnas.
O castro da Goleta está na aba do monte Carrio. O castro confórmase a partir dun recinto de forma ovalada e un segundo recinto, polo leste, perceptible só en parte. A coroa ten un eixo maior de orientación E-O que mide uns 95 m no exterior e uns 55 m no interior. No eixo N-S a estrutura mide 80 m ao exterior e uns 50 m no interior. O recinto está defendido por un parapeto que levanta entre 5 e 8 m de altura. As súas características son difíciles de determinar no campo por mor da vexetación, pero segundo o plano topográfico e o modelo dixital do terreo (extraído dos datos LIDAR), parece ter de media uns 5 m de ancho e chega a levantar uns 4 m.Ficha arqueolóxica do castro de Goleta .
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Camposancos
Parroquias de Lalín
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lalín
Ligazóns externas Camposancos na web do concello de Lalín
Categoría:Parroquias de Lalín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cristovo